O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón é un galardón literario instaurado no ano 1988 polo concello de Dodro coa finalidade de honrar o poetaEusebio Lorenzo Baleirón e co obxectivo de contribuír ao enaltecemento da poesía galega.
Historia
O Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído polo concello de Dodro no ano 1988, contando coa implicación de Avelino Abuín de Tembra,[1]Helena Villar Janeiro ou Anxo Angueira,[2] co propósito de conmemorar a figura do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, morto prematuramente no ano 1986 aos 24 anos de idade, e para contribuír a reafirmar a poesía galega.[3][4] Un xurado seleccionado anualmente polo concello e constituído por personalidades relacionadas coa poesía e a crítica literaria galegas elixe a obra gañadora de entre as que participan no certame.[5][6] O premio contou inicialmente cunha modesta dotación económica[1] que foi aumentando paulatinamente ata acadar os 2 500 €.[7] A obra gañadora comezou a publicarse en formato libro a partir da IV edición.[1]
No ano 2013, coincidindo co XXV aniversario do premio, inaugurouse unha exposición conmemorativa con carácter itinerante promovida polo concello de Dodro para achegar ao público a vida e obra do escritor e presentouse o libro XXV Aniversario do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón (1988-2012) (2013) para rememorar a obra do poeta, que inclúe ademais poemas de cada un dos autores premiados ata ese ano.[8][9][10]
Bases do concurso
A bases reguladoras e a convocatoria de participación ao concurso publícanse anualmente no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Pode concorrer ao certame calquera persoa maior de 18 anos. As obras deben ser orixinais e inéditas e estar escritas en lingua galega, admítense poemarios de tema e forma libres que teñan unha extensión de entre 500 e 800 versos. Non poden concorrer textos premiados, presentados simultaneamente a outros certames ou que manteñan compromisos de publicación con algunha editorial. Os traballos deben ser enviados por correo postal, non se admiten traballos entregados presencialmente, nin fóra de prazo. Os poemarios deben presentarse en formato dixital (por medio dun lapis de memoria ou disco compacto) acompañados dunha plica ou sobre pechado, no exterior debe figurar o título e o lema.[11]
Gañadores
Concluído o prazo de presentación, o concello de Dodro nomea un xurado formado por distintas personalidades relacionadas coa poesía e a crítica literaria galegas.[5] Unha vez designado o xurado, celébrase unha reunión na Casa da Cultura de Dodro[11][12] que culmina coa deliberación do mesmo para determinar a obra gañadora e deseguido procédese á apertura da plica para desvelar o nome do autor.[13] O fallo dáse a coñecer mediante a celebración dun acto público.[5][14] Así mesmo, faise unha ofrenda floral en memoria de Eusebio Lorenzo Baleirón no cemiterio parroquial de San Xulián de Laíño, onde repousan os seus restos, nunha homenaxe á que asisten os membros do xurado acompañados por persoeiros do concello.[13][15] Días despois celébrase o acto de entrega do premio,[5][14] coincidindo coa clausura da semana cultural de Dodro,[16] que ten lugar tódolos anos no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.[1]
«Sen gozar da existencia en demasía, este poeta semella un ermitán dos silencios, das sombras, das noites insondábeis en que o amor reina, púdico e recatado, entre as honestas sabas da harmonía.»[23][24]
«Delicada confesión íntima dos desacougos persoais, pero tamén a ironía intelixente que os disolve nun elegante distanciamento, así como o culto á tradición literaria ou á reflexión filosófica.»[25]
«Un repaso impresionista da memoria común, un exercicio de reflexión que ofrece moitas claves para a súa poética, e dá argumentos para a súa visión da condición feminina.»[27][28]
«Gobernado polo ton testemuñal e o vitalismo pero de corte clásico e ben afastado da poesía da outredade que agora goberna a literatura feminina.»[29][30]
«Mestura dun xeito case surrealista elementos radicalmente modernos con compoñentes míticas e tradicionais [...] acompañado por unha boa dose de ironía e sarcasmo que é o fío condutor.»[31][32]
«A voz poética é quen de desdobrar o seu ton, o seu discurso e o seu mundo para facernos chegar as dúas dimensións do compromiso de Millán Otero, coa realidade e coa palabra.»[33][34]
«Predomina o verso libre e aínda se percibe a súa inexperiencia no manexo do ritmo. A obra semella unha combinación dos topos [sic] do amor e da viaxe.»[35][36]
«Versos herméticos e poemas difíciles ao servizo do desacougo existencial. Flota a sensación de que a vida pode ser, como reza o título, a nada núa. Ollo, non obstante; hai luzadas de optimismo.»[37][38]
«Percorrido polo interior psíquico, caótico e angustiado, do suxeito poético, pero tamén reflicte as dúbidas vitais e existenciais de todo individuo.»[39][40]
«Penela semella ollar as cousas e o mundo desde unha singular cordialidade ontolóxica que repudia toda manobra deturpadora, toda ocultación da verdade.»[44][45]
«Trata desas cousas que están na vida das persoas pero para as que parece que faltan as horas para atendelas, como a mesma poesía, e cuestións transcendentais que hai que rescatar día a día.»[55]
«O poemario pódese dividir en tres partes máis unha: a primeira son poemas “do eu mesmo e o ti”; a segunda é unha voz poética, un diálogo que queda sen resposta; a terceira parte é un conglomerado de sensacións e sentimentos, de imaxes, miscelánea; a última, é un diálogo máis íntimo, máis harmonioso.»[56][57]
«A tensión poética mantida ao longo do poemario [que permite] a fluidez dos versos de xeito natural, cunha mestura da lingua, do tempo e da terra.»[64]
«A capacidade para reescribir unha temática universal como é a perda, así como o coidado no rexistro poético, especialmente na selección léxica e na creación de imaxes.»[65]
«Estilo sobrio limpo que vai ao esencial, mantendo sempre un ritmo constante que alterna poemas con moita musicalidade con outros máis próximos á prosa ou á lingua falada, dándolle riqueza tonal.»[68]
«Reúne a permanencia do granito e a confusión da bruma, ambas cohesionadas polo imperturbable deambular do tempo como anuncio da fraxilidade existencial.»[69][70]
«A orixinalidade do tema proposto [...] unha aposta non exenta de risco na busca de poetizar a narratividade. Por outra parte [...] consegue romper os clixés históricos.»[77][78]
«A consistencia do proxecto, tanto a nivel estrutural como polo que respecta a cada poema en particular, así como unha complexidade que dá pé a varios niveis de lectura.»[79][80]
'«a frescura dunha voz poética que nos convida, sen ornamentos e dunha maneira moi honesta, a unha reflexión sobre os distintos xeitos de vivir o desarraigamento, o conflito de identidade que supón abandonar o fogar»..[81]
↑González Fernández, Helena (2001). "Poesía: empezar o milenio"(PDF). Anuario de Estudios Literarios Galegos. 2000 (Vigo: Galaxia): 288. ISBN9788482884943. Consultado o 14-05-2022 – vía Poesiagalega.org.