Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Proa

Proa de bulbo.

Chámase proa á parte dianteira dun barco que vai cortando as augas do mar. Esta extremidade do barco é afinada para diminuír en canto sexa posible a súa resistencia hidrodinámica. Tamén se denomina proa ata a zona onde comeza a pechar formas, no corpo central do buque.

Antigamente acostumaba levar unha figura decorativa (mascarón de proa) e aínda hoxe levan algúns buques unha imaxe ou icona representativa.

Tipos de proa

Tipos de proa.
  • Proa recta, case universal na época pasada.
  • Proa lanzada, é frecuente nos barcos de pesca, ata se usa unha combinación de proa recta na obra viva e lanzada na obra morta.
  • Proa trawler, úsase en pesqueiros de altura.
  • Proa de violín, chamada tamén de iate e clipper.
  • Proa de bulbo, chámase así polo bulbo que leva na proa. Presenta unha reducida resistencia á marcha en buques de gran tonelaxe.
  • Proa maier ou de culler, é unha clase de proa lanzada, con formas en V moi abertas, que presentan boas características mariñeiras, aínda que con mal tempo atenúa pouco o movemento de cabeceo, e diminúe a capacidade de carga no terzo da proa.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya