Atópase a unha altitude de 168 metros, na ribeira do río Guadalete. Está situado no norte da provincia, no seu límite coa de Sevilla, a 105 quilómetros da capital, Cádiz.
Nas súas proximidades atópase a estación final da Vía verde da serra entre Olvera e Puerto Serrano, realizada sobre a antiga infraestrutura do ferrocarril entre Xerez da Fronteira (Cádiz) e Almargen (Málaga), construído ao principio do século XX pero que nunca estivo en servizo.