Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Química cuántica

A química cuántica é a aplicación da mecánica cuántica a problemas de química.

Unha aplicación da química cuántica é o estudo do comportamento de átomos e moléculas, en canto ás súas propiedades ópticas, eléctricas, magnéticas e mecánicas, e tamén a súa reactividade química, as súas propiedades red-ox, (oxidación-redución)... pero tamén se estudan materiais, tanto sólidos estendidos como superficies.

Como os estudos mecanocuánticos sobre átomos considéranse na fronteira entre a química e a física, e non se inclúen polo xeral dentro da química cuántica, frecuentemente considérase como primeiro cálculo de química cuántica o levado a cabo polos científicos alemáns Walter Heitler e Fritz London (aínda que a Heitler e a London adóitaselles considerar físicos) sobre a molécula de dihidróxeno (H2) en 1927. O método de Heitler e London foi perfeccionado polos químicos americanos John C. Slater e Linus Pauling, para converterse no método de enlace de valencia (ou Heitler-London-Slater-Pauling (HLSP)). Neste método, préstase atención particularmente ás interaccións entre pares de átomos, e xa que logo relaciónase moito cos esquemas clásicos de enlaces entre átomos.

Friedrich Hund e Robert S. Mulliken desenvolveron un método alternativo, en que os electróns describíanse por funcións matemáticas deslocalizadas por toda a molécula. O método de Hund-Mulliken (ou de orbitais moleculares) é menos intuitivo para os químicos, pero, ó terse comprobado que é máis potente á hora de predicir propiedades que o método de enlace de valencia, é virtualmente o único usado nos últimos anos.

Apartados de interese

Algúns subtemas de interese en química cuántica son:

Químicos Cuánticos

A comunidade de científicos que fixeron grandes achegas á química cuántica inclúe a:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya