Situado entre a Horta Sud valenciana e a chaira de Quart. A superficie do termo é completamente cha. O río Turia cruza o termo polo norte e polo oeste circula a rambla del Poyo. O clima é mediterráneo, con choivas no outono e primavera; os ventos dominantes son os do oeste e o leste.
Pódese acceder a esta localidade a través das liñas 3 e 5 de Metro Valencia.
Infraestrutura viaria e accesos
Os principais eixes de tráfico rodado situados ao oeste da área metropolitana de Valencia atravesan o termo municipal de Quart de Poblet. Así, tanto o casco urbano como os numerosos polígonos industriais están conectados por autovía con municipios circundantes e outras estradas de gran capacidade.
A autoestrada A-3 Autoestrada do Leste -antiga N-III- discorre lonxitudinalmente ao sur de Quart e proporciona tres accesos, un dos cales enlaza co aeroporto.
A autoestrada V-30 de circunvalación, paralela á nova canle do río Turia, traza unha liña diagonal entre o noroeste e o sueste da localidade, mentres que a estrada V-11 serve a Quart e conéctaa coa terminal do aeroporto de Valencia. Outras estradas locais, como a CV-408 e a CV-31, serven de nexo, aínda que fragmentado polas instalacións industriais, con núcleos veciños.
Ademais, diversas liñas de Metrobús conectan Quart de Poblet con Valencia e outras localidades.
Núcleos de poboación
No concello de Quart de Poblet atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
Quart de Poblet
Barri Sant Jeroni
Barri del Crist
Barri Sant Josep
Capellans
Porta
Sant Josep Artesà
Demografía
Quart de Poblet conta cunha poboación de 25.441 habitantes (INE2008).
Un 5,5% da poboación de Quart de Poblet é da inmigración (INE2007).[1]
Os cultivos principais son de regadío: laranxeiras, pereiras, hortalizas, cebolas, patacas etc. En terras de secán culítivanse cereais, vide, alfarrobeiras e oliveiras.
As industrias tradicionais son téxtiles, refractarios, cerámica etc.