Río Dniéper|
|
Tipo | río rio internacional (pt) |
---|
|
Continente | Europa |
---|
País da cunca | Rusia, Ucraína e Belarús |
---|
|
División administrativa | Oblast de Zaporíjia, Ucraína (pt) , Oblast de Kherson, Ucraína (pt) , Voblast de Viciebsk, Belarús (pt) , Rexión de Mahilioŭ, Belarús, Rexión de Homieĺ, Belarús, Rexión de Dnipropetrovsk, Ucraína, Oblast de Poltava, Ucraína, Oblast de Kirovogrado, Ucraína (pt) , Óblast de Cherkasy, Ucraína, Oblast de Tchernihiv, Ucraína (pt) , Oblast de Kiev, Ucraína (pt) , Kíiv, Ucraína e Oblast de Smolensk, Rusia (pt) |
|
Localización | Colinas de Valdai (pt) |
---|
|
Localización | Dnieper Estuary (en) |
---|
|
Afluentes | 103 |
---|
Conca hidrográfica | Dnieper basin (en) |
---|
|
Dimensións | 2.285 () km
|
---|
Superficie da cunca hidrográfica | 503.500 km² |
---|
Pendente | 0,11 por mil (pt) |
---|
|
Caudal | 1.670 m³/s (Kherson (pt) ) |
---|
|
|
O Dniéper[1] (en ruso: Днепр/Dnepr; en belaruso: Дняпро/Dnyapro, en ucraíno: Дніпро/Dnipro) é un río con 2290 km de percurso (o cuarto en Europa logo do Volga, o Danubio e o Ural).[2]
Percorrido
O Dniéper nace no altiplano de Valdai (Rusia occidental), para entrar despois en Belarús; foi logo, durante 115 km, de fronteira natural entre Belarús e Ucraína, para por fin facer o resto do seu curso a través da Ucraína, na cal baña a capital, Kíiv, atravesándoa de norte a sur.[2] Ao longo dos tres países mantén esencialmente o mesmo nome, aínda que con pequenas variantes gráficas e de pronunciación.
O Dniéper desauga no mar Negro cun longo estuario, non lonxe da cidade de Odesa, a occidente da península de Crimea. O seu caudal medio na foz é de 1670 m³/s.
A conca hidrográfica do Dniéper abrangue unha área de 516 000 km², unha superficie maior que a de España, o que a torna na terceira en Europa, despois das do Volga e do Danubio.
Explotación económica
Nos últimos 800 km do río está regulado por unha serie de grandes encoros. Estes encoros son: o de Kíiv (Kyivs'ke) (922 km², cunha lonxitude de 110 km e unha largura de 12 km, presenta gran cantidade de algas)[2], o de Kaniv (582 km²), o de Kremenchuk (2252 km²), o encoro de Dniprodzerzhin (567 km²), o de Zaporiz (410 km²) e o de Kakhov (2155 km²). As presas destes encoros son utilizados para producir enerxía hidroeléctrica, que representa sobre do 10% electricidade xerada en Ucraína.
Nome e historia
O río Dniéper é mencionado polo grego Herodoto no Século V a.C. como Borysthenes. Os historiadores romanos denominárono Danaper. O vello nome usado na época medieval, cando do Rus de Kíiv, era Slavutich.
O Dniéper foi de sempre a principal vía de comunicación nesta zona, facilitando as comunicacións entre o Mar Negro e o mar Báltico. A través desta ruta fluvial, viquingos e polacos movéronse cara ao sur.
O Dniéper foi, durante a última guerra mundial, o eixo da "liña Stalin", escenario de duros combates entre os exércitos alemáns e soviéticos.
Cidades ás beiras do Dniéper
Desde o seu nacemento até a desembocadura temos entre as cidades principais erguidas as súas orelas:
- Dorogobuzh, Rusia
- Smolensk, Rusia
- Orša, Belarús
- Sklou, Belarús
- Mahilëu, Belarús
- Byhau, Belarús
- Rahacou, Belarús
- Zlobin, Belarús
- Rècyca, Belarús
- Kíiv, Ucraína
- Kaniv, Ucraína
- Čerkasi, Ucraína
- Kremenchuk, Ucraína
- Kamianske, Ucraína
- Dnipro, Ucraína
- Zaporizhzhia, Ucraína
- Marhanets, Ucraína
- Nikopol, Ucraína
- Nova Kakhovka, Ucraína
- Khersón, Ucraína
Afluentes do Dniéper
Destacan entre os tributarios máis importantes do Dniéper en orde desde a fonte:
Notas
- ↑ "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Kyiv, Ukraine". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-13.
Véxase tamén