Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Río Indo

Modelo:Xeografía físicaRío Indo
(pnb) نیلاب Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaPaquistán Editar o valor en Wikidata
División administrativaPunjab, Paquistán, Ladaque, India (pt) Traducir, Sind, Paquistán, Hazara, Paquistán (en) Traducir, Gilgit-Baltistão, Paquistán (pt) Traducir e Tíbet, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSengge Zangbo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Arábigo Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°29′54″N 79°41′28″L / 32.4983, 79.6911
23°59′42″N 67°26′06″L / 23.995, 67.435
Afluentes
Conca hidrográficaIndus basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Represado porRepresa de Tarbela (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións3.180 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.165.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal6.600 m³/s Editar o valor en Wikidata
O Indo no norte de Paquistán.

O río Indo (en sindhi सिन्‍धु नदी, Sindhu nadi, coñecido como Sindhu en sánscrito; grego antigo, Sinthos, latín Sintus) é un dos ríos máis longos da Asia meridional que discorre polo subcontinente indio así como un dos máis longos do continente asiático, é o máis importante de Paquistán e un dos principais da India (e que tamén percorre no seu curso alto a China). Orixinario da meseta tibetana do oeste da China, na Rexión Autónoma do Tíbet, o río discorre a través do distrito de Ladakh de Jammu e Caxemira e logo entra en Paquistán a través dos Territorios do Norte (Gilgit-Baltistán); segue despois desde o norte do país en dirección sur cruzando ao longo todo Paquistán, ata desembocar no mar Arábigo, preto da cidade portuaria de Karachi en Sind.

A lonxitude total do río é de 3.180 km, sendo o río máis longo de Paquistán. Drena unha gran conca de máis de 1.165.000 km² e ten un caudal anual estimado nuns 207 km³, o que o converten no 21º máis caudaloso do mundo. Nace nos glaciares máis altos do mundo, o río alimenta un ecosistema de bosques temperados, chairas e paisaxes áridos. Xunto cos ríos Jhelum, Chenab, Ravi, Sutlej, Beas e dous afluentes desde a Khyber Pakhtunkhwa e Afganistán, o Indo forma o delta do Indo de Paquistán, mencionado no Rigveda (o texto máis antigo da India, de mediados do II milenio a. C.) como Sapta Sindhu e no texto iranio Zend Avesta como Hapta Hindu (significando ambos termos, "sete ríos).

O río Indo proporciona os recursos hídricos clave para a economía de Paquistán -especialmente o celeiro da provincia de Punjab, que representa a maior parte da produción agrícola da nación, e de Sindh. O Indo tamén soporta moitas industrias pesadas e constitúe o principal fornezo de auga potable en Paquistán. Os cinco ríos que dan nome ao Punjab son o Jhelum, Chenab, o Ravi, o Beas e o Sutlej.

Antes da división en 1947 da antiga India nos modernos estados da India e Paquistán, o Indo era o segundo río en importancia da rexión, despois do río Ganxes, tanto en termos culturais como comerciais. Na actualidade o río tamén dá nome á provincia paquistaní de Sind.

O río foi unha fonte de asombro durante o período clásico. O rei Darío I de Persia enviou a Escílax de Carianda a explorar o Indo entre os anos 519 e 512 a. C., este descendeuno ata chegar ao mar. Chamado Hindós ou Indós polos gregos e logo Indus polos autores latinos, foi sempre coñecido en Occidente polo seu nome latinizado que tamén deu nome á India (Bharat).

O Indo é un dos sete ríos sagrados da India.

Historia

Extensión e principais lugares da cultura do val do Indo, no Paquistan premoderno e norte da India (2500 a. C.).

Atoparonse sitios da época do paleolítico no val do Indo en Pothohar, preto de Islamabad, a capital de Paquistán, con ferramentas de pedra da cultura Soan. Así mesmo en Mardan, na antiga rexión de Gandhara (tamén preto de Islamabad), hai evidencias de covas habitadas desde hai 15.000 anos.[Cómpre referencia]

Tamén se desenvolveu entre 2300 e 1750 a. C. a cultura do val do Indo, unha cultura prehistórica que aparentemente non chegou a coñecer a cultura dos arios e que coñeceu varias etapas, desde o 7000 a. C.

As principais cidades desta civilización, Harappa e Mohenjo-daro, remóntanse a ao redor de 3300 a. C., e representan algúns dos maiores asentamentos humanos do mundo antigo. A civilización do val do Indo estendíase por todo o Paquistán, o noroeste da India polo leste do río Jhelum ata alcanzar Rupnagar, no Sutlej superior. Os asentamentos da costa estendíanse desde Sutkagan Dor, en Paquistán, na fronteira de Irán, ata Kutch, no extremo oriental de Paquistán. Hai un sitio arqueolóxico desta cultura do Indo no Amu Daria en Shortughai, no norte de Afganistán, e outro en Alamgirpur no río Hindon (un afluente do río Yamuna, e xa que logo, do Ganxes) que se atopa a só 28 km de Nova Delhi. Ata a data, atopáronse máis de 1.052 cidades e poboados, principalmente na rexión xeral do río Ghaggar Hakra e os seus afluentes. Entre os asentamentos están os que foron principais centros urbanos de Harappa e Mohenjo-Daro, así como Lothal, Dholavira, Ganeriwala e Rakhigarhi. Só de 90 a 96 dos 800 sitios máis coñecidos da cultura do val do Indo se descubrirón no río Indo e nos seus afluentes. O Sutlej, agora un afluente do Indo, en épocas de Harappa, desembocaba ás veces no Ghaggar-Hakra, en cuxa conca atópanse máis sitios da cultura de Harappa que ao longo do propio Indo.

A maioría de estudosos cren que os asentamentos da cultura das tumbas de Gandhara dos primeiros indo-arios floreceron na rexión de Gandhara a partir do 1700 a. C. ata o 600 a. C., cando Mohenjo-Daro e Harappa xa foran abandonadas.

Os primeiros europeos que se sabe que recoñeceron este río foron as trpas greco-macedonias de Alexandre o Grande que no Indo practicamente atopou o límite oriental do seu imperio, xa que as súas forzas retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista do que hoxe é Paquistán, uníndoo ao Imperio helénico. O nome Indus utilízase no libro de Megástenes Indica para o poderoso río cruzado por Alexandre, baseándose no relato contemporáneo de Nearchus. «Indus» é un derivado helénico do iranio Sindus, que á súa vez deriva de Sindhu, o nome do Indo no Rigveda, xa que o río está considerado, polos hinduístas, un dos sete ríos sagrados da India. O termo sánscrito sindhu significa xenericamente ’río’ ou ’mar’, probablemente a partir dunha raíz sidh que significa ’afastar’. O termo Sindhu aparece 176 veces no Rigveda, 95 veces en plural, utilizado máis a miúdo no significado xenérico. Xa no Rigveda, sobre todo nos últimos himnos, o significado da palabra redúcese ao referirse ao río Indo en particular, por exemplo, na lista dos ríos do Nadistuti sukta. Isto deu lugar á anomalía dun río de xénero masculino: todos os demais ríos rigvédicos son femininos, non só gramaticalmente, sendo imaxinados como deusas e comparados con vacas e eguas que daban leite e manteiga.

A partir dos datos achegados polos autores gregos que comezaron a mencionar a palabra "India" en referencia a todo o subcontinente indio, daquela os autores latinos falarían dunha India cisganxética (a India deste lado do Ganxes) e dunha India transganxética (a India do outro lado do Ganxes).

Antigamente os persas e outros pobos de linguas iranias chamaban Sindhu a este río, estendendo ese nome aos habitantes de todo o subcontinente indio, co nome de Sindhustán (’país [do] Sindhu’).

O Indo formou unha fronteira natural entre o subcontinente indio e a súa fronteira coa meseta iraniana, unha rexión que inclúe o Baluchistán paquistaní, Jaiber Pastunjuá, así como Afganistán, Taxikistán e Irán. Foi cruzado polos exércitos de Alexandre o Grande -as súas forzas macedonias retiráronse ao longo do curso meridional do río ao final da campaña de Asia logo da conquista o que hoxe é Paquistán e unírono ao Imperio helénico. As chairas do Indo tamén estiveron baixo a dominación do imperio persa e do imperio de Kushan. Os exércitos musulmáns de Muhammad bin Qasim, Mahmud de Gazni, Mohammed de Ghor, Tamerlán e Babur tamén cruzaron o río para golpear nas rexións interiores do Panxab e máis ao sueste.

A palabra «India» deriva do río Indo. Na Antigüidade, inicialmente «India» referíase á rexión de Paquistán que se sitúa ao longo da beira leste do río Indo, pero cara ao ano 300 a.C., os escritores gregos como Megasthenes aplicaron o termo ao subcontinente que se estende máis cara ao leste.[1] A fonte tradicional do río é Senge Khabab (‘boca do león’), un manancial perenne, non moi lonxe do sagrado monte Kailash, e caracterízase por unha longa liña de baixo de tibetanos chortens. Hai outros afluentes próximos que posiblemente poden formar un curso de auga máis longo que o Senge Khabab, pero a difencia deste, todos dependen da neve derretida. O río Zanskar, que desemboca no río Indo en Ladakh, ten un volume de auga maior que o propio Indo antes dese punto.[2]

Esa noite na tenda [xunto a Senge Khabab] preguntei a Sonmatering cal dos afluentes do Indo, que cruzamos esta mañá, era o máis longo. Todos eles, dixo, comezan polo menos a un día a pé desde aquí. O Bukhar comeza preto do pobo de Yagra. A fonte do Lamolasay está nun lugar santo: hai un mosteiro alí. O Dorjungla é un paseo moi longo e difícil, tres días talvez, e hai moitas rochas afiadas; pero a súa auga é clara e azul, de aí o nome doutro afluente, Zom-chu, que Karma Lama traduce como «auga azul». O Rakmajang nace nun lago escuro chamado o mar Negro.
Un dos afluentes máis longos —e por tanto un candidato para ser a fonte técnica do río— é o Kla-chu, o río que cruzamos onte por unha ponte. Tamén coñecido como o Lungdep Chu, desemboca no Indo desde o sueste, e nace a un día de camiño desde Darchen. Pero Sonamtering insiste en que o Dorjungla é o máis longo dos «tres tipos de auga» que caen no Seng Tsanplo ['río León' ou Indo].
That night in the tent [next to Senge Khabab] I ask Sonmatering which of the Indus tributaries which we crossed this morning is the longest. All of them, he says, start at least a day's walk away from here. The Bukhar begins near the village of Yagra. The Lamolasay's source is in a holy place: there is a monastery there. The Dorjungla is a very difficult and long walk, three days perhaps, and there are many sharp rocks; but it its water is clear and blue, hence the tributary's other name, Zom-chu, which Karma Lama translates as 'Blue Water'. The Rakmajang rises from a dark lake called the Black Sea.
One of the longest tributaries — and thus a candidate for the river's technical source — is the Kla-chu, the river we crossed yesterday by bridge. Also known as the Lungdep Chu, it flows into the Indus from the south-east, and rises a day's walk from Darchen. But Sonamtering insists that the Dorjungla is the longest of the 'three types of water' that fall into the Seng Tsanplo ['Lion River' or Indus].
Empires of the Indus: The Story of a River, Alice Albinia (2008).[2]

No verán de 2010 o río viuse desbordado en numerosos puntos provocando unha das maiores inundacións da historia de Paquistán.

Xeografía

O Indo na confluencia con río Barndo.

O río Indo nace no Tíbet (China), a unha altura de 5500 msnm, seguindo o seu curso en dirección noroeste, para logo atravesar a rexión de Caxemira e xirar cara ao sur para penetrar no Paquistán e percorrelo todo ao longo. Tras pasar pola cidade de Hyderabad, desemboca nun delta bañando as costas do porto de Karachi, primeira capital do Paquistán.

A lonxitude total do río varía, segundo as fontes, entre os 2.900 e os 3.180 km. O caudal medio é de 6.700 /s e drena unha ampla conca de 1.081.700 km². Na súa desembocadura no mar de Omán, o Indo forma un extenso e fértil delta, cunha superficie de 7.770 km².

Curso do Indo na China

O Indo, nominalmente, comeza moi preto da fronteira oriental da Rexión Autónoma do Tíbet, na China, na pequena localidade de Shiquanhe, na confluencia dos ríos Sênggê Zangbo e Gar, que drenan as cordilleiras de Nganglong Kangri e Gangdise Shan e discorren por algún dos vales principais da cordilleira do Himalaia. O Sengge (tibetano: སེང་གེ་ཁ་འབབ།), tamén Shiquan ou Shiquan Hei (chinés: 獅泉河), a fonte máis afastada cunha lonxitude de 430 km, nace nas inmediacións do sagrado lago Mana Sarovar, a unha altura de 5500 m e discorre en dirección noroeste. O Indo, como tal, tamén flúe cara ao noroeste e cruza enseguida a fronteira chinesa e ingresa na India.

Curso do Indo na India

O Indo en Alchi (Ladakh).
Confluencia do Zanskar e o Indo (na parte inferior).

Na India, onde adoita chamarse río Sind, discorre a través do estado de Jammu e Caxemira, na rexión Ladakh, xusto ao sur da cordilleira do Karakorum para despois virar gradualmente para o sur, abandonando os outeiros entre Peshawar e Rawalpindi. Neste tramo unha presa forma o encoro de Tarbela. Tras pasar polas pequenas localidades de Nyoma (1.350 hab.[3]) e Upshi (165 hab.). A partir de aquí a estrada NH-21 acompaña ao río, que chega a unha zona na que hai bastantes mosteiros, como os de Stakna, Mashro, Thikse e Shey, e chega a Leh (27.513 hab. en 2001), a antiga capital do reino de Ladakh. No val unha nova estrada acompaña ao río, a NH-1D, e pronto chega a Phey (331 hab.). Recibe despois pola esquerda ao primeiro dos seus afluentes de importancia, o río Zanskar. Segue polas pequenas aldeas de Nimu, Alchi e Tingmosgang e nesta zona o Indo bordea polo norte o gran Parque Nacional Hemit, con 4400 km², o maior parque indio, establecido en 1981. Tras manter a dirección noroeste, sae da India e ingresa en Paquistán.

Curso do Indo en Paquistán

O Indo visto desde a estrada do Karakórum.
O forte de Attock, as beiras do Indo.

Ao pouco de entrar en Paquistán, na rexión do Baltistán, na provincia de Gilgit-Baltistán, recibe pola esquerda, procedente do sur, ao río Suru e logo, pola dereita, os ríos Shyok (550 km) e o Shigar (62 km), en cuxa confluencia está a pequena cidade de Skardu (uns 30.000 hab. en 2000), que conta cun pequeno aeroporto moi usado polos afeccionados ao sendeirismo. Continúa en dirección noroeste e vólvese cara ao sur, xusto ao recibir, pola dereita, o río Gilgit (450 km). Desde aquí segue o val a N-35 (que chega desde o val do Gilgit), coñecida como estrada do Karakórum, que conecta a cidade chinesa de Kashgar coa capital paquistaní, Islamabad (cun percorrido de 1.200 km). Bordea polo norte o Nanga Parbat, discorrendo entre xigantescas gargantas, de 4.500-5.200 m de profundidade.

Pasa por Chilas e ao pouco chégase a un lugar onde se iniciou en outubro de 2011 a construción da presa de Diamer-Bhasha, que terá unha potencia instalada de 4500 MW, situada case na fronteira da India. Chega despois un curto tramo, entre Dudishaj e Sazin no que o río sinala a fronteira entre Gilgit-Baltistán e Jaiber Pajtunjuá (Khyber Pakhtunkhwa).

Recibe despois ao pequeno río Kondia, pola dereita, e alcanza a localidade de Dassu, Pas e Besha. Alcánzase logo a longa cola do encoro de Tarbela (cunha superficie de 250 km² e unha lonxitude duns 60-70 km), que tamén recibe as augas dos ríos Dor e Siran. A presa, construída entre 1968 e 1974, contribúe ao control das inundacións, á irrigación e á xeración hidroeléctrica (3478 MW). Xusto despois da presa o río sae das montañas e ingresa nas amplas chairas do Punjab, entre as importantes cidades de Peshawar e Rawalpindi. Segue un pequeno tramo no que o seu curso divídese en moitos ramais, entrelazados e cambiantes, con bastantes pequenas illas entre eles. Desde aquí e durante un bo tramo, o Indo será o límite entre as provincias de Pastunjua Jáiber e a do Punjab, ao leste. O río Cabul (700 km) úneselle enseguida, pola dereita, preto da localidade de Attock (69 588 hab. en 1998), a partir deste punto o Indo xa navegábel.

Segue o seu camiño polas chairas do Punjab en dirección xeralmente cara ao sur, recibindo ríos por ambas as marxes, como o Kohat Toi (dereita). Pasa pola histórica cidade de Makhad, despois recibe ao río Soan (250 km), pola esquerda, e chega a Mari. Segue augas abaixo por Dera Ismail Khan (109.686 hab., est. en 2009) e recibe, pola dereita, o Gumal (400 km), e despois, pola esquerda, algo antes de chegar á cidade de Mithankot ao máis importante dos seus afluentes, o río Panijnad, un curto río de só 71 km que leva as augas dos cinco ríos do Punjab (está formado pola confluencia de dous longos ríos: o río Chenab (1.242 km) —cos seus subafluentes o río Jhelam (740 km) o Ravi (725 km)— e o Sutlej (1.370 km) —co seu subafluente o río Beas, 470 km). Máis aló desta confluencia, o río foi chamado algunha vez río Satnad (Sat = sete, Nadi = río), xa que leva nese momento as augas do Cabul, do Indo e dos cinco ríos do Punjab.

Alcanza despois a presa de Guddu, construída entre 1957-62 para o control das crecidas do Indo, xusto na fronteira coa provincia de Sind. Segue por Rohri (224.362 hab. en 2002), Sanghar e chega a unha nova presa, a de Sukkur, construída entre 1923-32, para a rega e control das inundacións, preto da homónima cidade de Sukkur (493.438 hab.). Pasa despois por Larkana (456.544 hab.) e moi preto das ruínas de Mohenjo Daro. Segue por Sehwan (35.264 hab.), á beira do lago Manchar, un encoro construído nos anos 1930 de entre 350-520 km² alimentado por dúas canles derivadas do Indo. Chega despois a Jamshoro e atravesa á cidade de Hyderabad (1.578.367 hab.), a cidade máis poboada de todo o seu curso. Pasa preto do lago Keenjhar antes de desembocar no mar Arábigo nun gran delta areoso de 7.770 km², que abarca uns 200 km de costa, ao sueste de Karachi e ao leste de Thatta, e que é considerado como unha das rexións ecolóxicas das máis importantes do mundo.

O Indo é un dos poucos ríos do mundo que experimentan o fenómeno do macareu. O sistema do Indo é en gran parte alimentado polas neves e os glaciares das cordilleiras tibetanas do Himalaia, Karakorum e Hindu Kush; das augas do estado indio de Jammu e Caxemira e das das Áreas do Norte de Paquistán, respectivamente. O caudal do río está determinado tamén polas estacións do ano —diminuíndo moito no inverno e experimentando inundacións das súas beiras nos meses do monzón, de xullo a setembro. Tamén hai evidencias de cambios constantes no curso do río desde a prehistoria —desviouse cara ao oeste desde a desembocadura no Rann de Kutch e xunto ás praderías de Banni despois do terremoto de 1816.[4][5]

Principais afluentes

Os principais afluentes do río Indo, no sentido do curso auga, son os seguintes:

Ríos da conca do río Indo
Imaxe por satélite da cunca do río Indo
Principais afluentes do Indo
Pola dereita Distancia desde
o nacemento
Punto de confluència Altitude (en m.)
da confluència
m. lonxitude
curso principal
m da súa
rede hidrogràfica
Ha. da súa
conca
Pola esquerda
- cerca de Nimmu e Ladakh Zanskar
Shyok Ao leste da cidade de Skardu[6][7] 550 -
Gilgit, cos seus afluentes, o Ghizar e o Hunza 450 -
Cabul, cos seus afluentes, o Kunar e o Swat; cerca de Attock 700 -
- Sohan
Tochi -
Gumal, cos seus afluentes, o Kundar e o Zhob; O sur de Dera Ismail Khan 400
- En Mithankot 71 Río Panjnad cos seus afluentes máis longos: Chenab (1.242 km.), cos seus subafluentes, o Jhelam (740 km.) e o Ravi (725 km.); Sutlej (1.370 km.), cos seus subafluentes, o Beas (470 km.).

Xeoloxía

O río Indo no Distrito de Kharmang, Paquistán.

O río Indo alimenta o abanico submarino do Indo, que é o segundo corpo sedimentario máis grande da Terra,[8] cuns 5 millóns de km³ de material erosionado das montañas. Os estudos dos sedimentos no moderno río indican que as montañas do Karakorum, no norte de Paquistán, son a fonte máis importante de material, sendo o Himalaia a seguinte maior contribución, na súa maioría a través dos grandes ríos do Punjab (é dicir, o Jhelum, o Chenab, o Ravi, o Sutlej e o Beas). A análise dos sedimentos do mar Arábigo demostrou que hai máis de cinco millóns de anos, o Indo non estaba conectado cos ríos do Punjab que fluían no seu lugar cara ao leste no Ganxes e que foron capturados máis tarde.[9] Traballos pioneiros mostraron que a area e o limo do oeste do Tíbet, levaban chegando ao mar Arábigo desde había 45 millóns de anos, o que implicaría a existencia dun antigo río Indo, nese momento.[10] O delta deste proto-río Indo foi posteriormente atopado na conca de Katawaz, na fronteira entre Afganistán e Paquistán. O Indo, de acordo co antiga Rigveda, era o Sarasvati que fluía desde o Himalaia a través de Paquistán cara ao mar Arábigo.

Na rexión de Nanga Parbat, as cantidades masivas de erosión causadas polo río Indo, que seguiron á captura e o desvío a través desta área, pénsase que carrexaron rochas da cortiza media e inferior á superficie.[11]

Vida salvaxe

Ponte sobre o río Indo en Paquistán

A zona do delta do Indo está considerada como unha das rexións ecolóxicas máis importantes do planeta. Os relatos sobre o val do Indo desde os tempos da campaña de Alexandre o Grande indican que había unha cobertura forestal saudable na rexión, que retrocedeu considerablemente. O emperador mogol Babur escribiu nas súas memorias (o Baburnama) que atopou rinocerontes nas súas ribeiras. A ampla deforestación e a interferencia humana na ecoloxía dos outeiros Shivalik deu lugar a unha marcada deterioración da vexetación e das condicións de crecemento. As rexións do val do Indo son agora áridas con escasa vexetación. A agricultura susténtase en gran parte debido ás obras de irrigación.

Golfiño cego do río Indo

Artigo principal: Platanista minor.

Neste río pódese atopar un dos animais máis salientes e curiosos que habitan as súas augas, unha subespecie única de golfiño, o coñecido como golfiño cego do río Indo (Platanista minor), especie moi parecida á que habita no río Ganxes. Desde a década de 1930 as numeosas presas construídas para rega e a xeración de electricidade afectadon profundamente aos seus movementos e á súa distribución, dispersando a poboación en grupos illados.[12] Segundo un censo efectuado no 2001 había un total de 1.100 exemplares vivos deste cetáceo aínda que segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) determinar o estado desta especie é especialmente problemático debido á carencia de datos cuantitativos rigorosos (actuais ou históricos) en número, mortandade, grao de ocorrencia e área de distribución. Porén, a diversidade e a escala das ameazas —recentes, actuais e proxectadas— son tales que xustifican que no ano 2012 a UICN cualificase o estado desta especie como "EN" (risco baixo).[13] Estudos xenéticos demostraron que o arroaz do Indo e o do Ganxes (Platanista gangetica), que eran considerados antes como distintos, forman en realidade unha soa e mesma especie.[13]

Peixes

O tenualosa ilisha (peixe palla) é unha delicia de peixe para as persoas que viven ao longo do río. A poboación de peixes no río é moderadamente alta, sendo Sukkur, Thatta e Kotri os principais centros pesqueiros, todos no curso inferior do Sindh. Con todo, as presas e a rega fixeron da piscicultura unha actividade económica importante. O gran delta, situado ao sueste de Karachi, foi recoñecido polos conservacionistas como unha das rexións ecolóxicas máis importantes do mundo. Aquí o río convértese en pantanos, arroios e regatos e atópase co mar en niveis superficiais. Os peixes mariños atópanse aquí en abundancia, incluíndo reinetas e camaróns.

Economía

O Indo é o provedor de recursos hídricos máis importantes nas chairas de Punjab e de Sindh (que constitúen a columna vertebral da agricultura e a produción de comida de Paquistán). O río é especialmente importante, xa que a choiva é escasa na parte baixa do val do Indo. As canles de rego foron inicialmente construídas pola xente da civilización do val do Indo, e posteriormente por enxeñeiros do Imperio Cuxano e do Imperio mogol. A moderna irrigación foi introducida pola British East India Company en 1850 (a construción de modernas canles foi acompañada co arranxo das vellas). Os británicos supervisaron a construción dunha das máis complexas redes de rego do mundo. A presa de Guddu ten 1 350 m de longo e rega Sukkur, Jacobabad, Larkana e Kalat. A presa de Sukkur atende a máis de 20.000 km².

Despois da aparición de Paquistán, asinouse en 1960 un tratado de control de augas entre a India e Paquistán, garantindo que este último país recibiría auga do Indo e dos seus afluentes do oeste. O Proxecto Conca do Indo consitíu primeiramente na construción de dúas presas principais, a de Mangala no río Jhelum River e a de Tarbela no Indo, xunto coas súas presas subsidiarias. A Autoridade Paquistaní de Desenvolvemento de Auga e Enerxía levou a cabo a construción da canle Chashma-Jheluml (unindo as augas dos ríos Indo e Jhelum), estendendo a subministración de auga ás rexións de Bahawalpur e Multan. Paquistán construíu a presa de Tarbela preto de Rawalpindi (de 2 743 metros de longo e 143 de altura, cun depósito de 80 km). A presa de Kotri, presto de Hyderabad ten 915 metros de longo e proporciona recursos adicionais a Karachi. A presa de Taunsa, preto de Dera Ghazi Khan produce 100 000 quilowatios de electricidade. A extensa vinculación dos afluentes co Indo axudou a difundir os recursos hídricos ao val de Peshawar, en Khyber Pakhtunkhwa. Os amplos proxectos de rego e presas proporcionan as bases para a gran produción de cultivos en Paquistán, como algodón, cana de azucre e trigo. As presas tamén xeran electricidade para as industrias pesadas e os centros urbanos.

Poboadores

O río Indo preto de Skardu, en Gilgit-Baltistan.

Os habitantes das rexións que atravesa o río Indo son diversos en etnia, relixión, orixes nacionais e lingüísticas. No curso norte do río, no estado indio de Jammu e Caxemira, vive o pobo budista de Ladakh, de valores tibetanos, e os dards da familia indo-ario ou dárdica, que practican o budismo e o islamismo. Logo descéndese en Baltistán, no norte de Paquistán, pasando pola principal cidade balti, Skardu. A medida que continúa a través de Paquistán, o Indo forma unha fronteira distintiva de etnicidade e culturas: na ribeira occidental a poboación é maioritariamente paxto, baluchi, e doutros iranios de valores, con estreitos lazos culturais, económicos e étnicos co leste de Afganistán e partes de Irán; as ribeiras orientais están en gran parte poboadas por pobos indoarios, como os punjabís e os sindhis. No norte do Punjab e en Khyber Pakhtunkhwa, conviven tribos de etnia pastún con pobos dardic nos outeiros (Khowar, Kalash, Shina etc.), burushos (no val de Hunza), e punjabís. Na provincia de Sindh, forman as poboacións locais pobos de tradición sindhi. Na ribeira occidental do río viven os baluchis e os pobos pastuns do Baluchistán.

Problemas modernos

Imaxe en falsa cor das inundacións ao longo do río.

O Indo é un recurso estratéxico vital para a economía e sociedade de Paquistán. Despois da independencia da India e Paquistán en 1947, o uso das augas do Indo e dos seus cinco afluentes orientais converteuse nunha gran disputa entre ambas as nacións. As canles de rega do val de Sutlej e de Bari Doab foron divididos -coas canles discorrendo sobre todo en Paquistán e as presas de cabeceira na India que interrompían a subministración nalgunhas partes de Paquistán. A preocupación pola construción na India de grandes presas en diversos ríos do Punjab, que poderían socavar a subministración fluída a Paquistán, así como a posibilidade de que a India puidese desviar os ríos na época da guerra, causou consternación política en Paquistán. Tras a celebración de conversacións diplomáticas coa mediación do Banco Mundial, India e Paquistán asinaron en 1960 o Tratado das augas do Indo. Este tratado deu á India o control dos tres ríos máis orientais do Punjab, o Sutlesh, o Beas e o Ravi, mentres que Paquistán obtivo o control dos tres ríos occidentais, o Jhelum, o Chenab e o Indo. A India conservou o dereito de uso dos ríos occidentais salvo para proxectos de rega.[14] (Véxase a discusión sobre unha recente disputa sobre un proxecto hidroeléctrico no Chenab (non do Indo), coñecido como o Proxecto Baglihar).

Existen preocupacións de que a deforestación extensiva, a contaminación industrial e o quecemento global están a afectar á vexetación e á fauna do delta do Indo, así como tamén á produción agrícola. Tamén existe a preocupación de que o Indo pode estar a cambiar o seu curso cara ao oeste, aínda que esa progresión xa ocorre desde hai séculos. En numerosas ocasións, a obstrución de sedimentos debido a un mal mantemento das canles afectou á produción agrícola e á vexetación. Ademais, a calor extrema é a causada de que a auga se evapore, deixando depósitos de sal que fan as terras inútiles para o cultivo.

Recentemente, a India emprendeu a construción de presas no río, en violación do Tratado das augas do Indo, o que reduce o caudal en Paquistán e causou que Paquistán levase o asunto aos tribunais internacionais de arbitraxe. Isto tensou as relacións entre ambos os países.

As peregrinación hindús aos lugares sacros localizados a beiras do río foron unha fonte de conflito coa poboación local de Caxemira, que se queixan da invasión das súas terras tradicionais por nacionalistas hindús das partes máis profundas da India.

Efectos do cambio climático no río

A meseta tibetana ten a terceira maior reserva de xeo do mundo. Qin Dahe, antigo xefe da Administración Meteorolóxica da China, dixo que o recente ritmo rápido da fusión e o aumento das temperaturas sería bo para a agricultura e o turismo no curto prazo, pero emitiu unha forte advertencia:

As temperaturas están a aumentar catro veces máis rápido que noutras partes de China, e os glaciares tibetanos están a retirarse a unha velocidade maior que en calquera outra parte do mundo... A curto prazo, isto fará que os lagos se expandan e causen inundacións e aludes de lodo. A longo prazo, os glaciares constitúen elementos vitais do río Indo. Unha vez que desaparecen, as subministracións de auga en Paquistán estarán en perigo.[15]
Temperatures are rising four times faster than elsewhere in China, and the Tibetan glaciers are retreating at a higher speed than in any other part of the world... In the short term, this will cause lakes to expand and bring floods and mudflows.. In the long run, the glaciers are vital lifelines of the Indus River. Once they vanish, water supplies in Pakistan will be in peril."
Hai [sic] datos insuficientes para dicir o que sucederá co Indo —di David Grey, asesor sénior da auga do Banco Mundial no sur de Asia—. "Pero todos temos temores moi desagradables de que o caudal do Indo podería verse seriamente, seriamente afectado polo desxeo dos glaciares como consecuencia do cambio climático," e reducidos talvez nun 50%. "Agora, que significa iso? para unha poboación que vive nun deserto [onde], sen o río, non habería vida. Non sei a resposta a esa pregunta —di —. Pero temos que estar preocupados por iso. Profundamente, profundamente preocupados.
There is [sic] insufficient data to say what will happen to the Indus," says David Grey, the World Bank's senior water advisor in South Asia. "But we all have very nasty fears that the flows of the Indus could be severely, severely affected by glacier melt as a consequence of climate change," and reduced by perhaps as much as 50 percent. "Now what does that mean to a population that lives in a desert [where], without the river, there would be no life? I don't know the answer to that question," he says. "But we need to be concerned about that. Deeply, deeply concerned."

O diplomático estadounidense Richard Holbrooke dixo, pouco antes da súa morte en 2010, que cría que a caída dos niveis de auga no río Indo "podería moi ben precipitar a terceira guerra mundial".[17]

Contaminación

Ao longo dos anos, as fábricas nas beiras do río Indo aumentaron os niveis de contaminación da auga no río e na atmosfera que o rodea. Os altos niveis de contaminantes no río provocaron a morte do golfiño do río Indo en perigo de extinción. A Axencia de Protección Ambiental de Sindh ordenou o peche de fábricas contaminantes ao redor do río baixo a Lei de Protección Ambiental de Paquistán, 1997.[18] A morte do golfiño do río Indo tamén se atribuíu aos pescadores que usan veleno para matar peixes e recollelos.[19][20] Como resultado, o goberno prohibiu a pesca desde Guddu Barrage a Sukkur.[21]

É o segundo río despois do Yangtzé, que xunto con outros 9 ríos transportan o 90% de todos os plástico que chegan aos océanos.[22][23]

Inundacións do 2010

Áreas afectadas o 26 de agosto de 2010

En xullo de 2010, tras unhas fortes e anormais choivas do monzón, o río Indo elevouse por encima das súas beiras e comezou a asolagar os terreos próximos. A choiva continuou durante os seguintes dous meses, devastando grandes áreas de Paquistán. En Sindh, o Indo desbordouse preto de Sukkur o 8 de agosto, asolagando a aldea de Mor Khan Jatoi.[24] A principios de agosto, a maior inundación desprazouse cara ao sur ao longo do río Indo desde as rexións do norte gravemente afectadas cara ao oeste de Punjab, onde polo menos se destruíron 570.000 hectáreas de terras de cultivo, e a provincia meridional de Sindh.[25] En setembro de 2010, máis de dúas mil persoas morreran[26] e máis dun millón de fogares foron destruídos desde que comezou a inundación.[27]

Notas

  1. Henry Yule: «India, Indies», en Hobson-Jobson: A glossary of colloquial Anglo-Indian words and phrases, and of kindred terms, etymological, historical, geographical and discursive. Editado por William Crooke. Londres: J. Murray, 1903.
  2. 2,0 2,1 Albinia (2008), pag. 307.
  3. Todas as poboacións que se citen neste artigo refírense á poboación estimada no ano 2010.
  4. 70% of cattle-breeders desert Banni; by Narandas Thacker, TNN, 14 febreiro 2002; The Times of India
  5. Lost and forgotten: grasslands and pastoralists of Gujarat; by Charul Bharwada and Vinay Mahajan; The forsaken drylands; a symposium on some of India's most invisible people; Seminar; New Delhi; 2006; NUMB 564, pages 35-39; ISSN 0037-1947, Listed at the British Library Online Arquivado 18 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
  6. "Vista aérea da confluencia dos ríos" (en inglés). 
  7. Bennett-Jones, Owen; Brown, Lindsay; Mock, John (1 setembro 2004). Pakistan and the Karakoram Highway. Lonely Planet Regional Guides (6a ed. ed.). Lonely Planet Publications. p. 306. 978-0864427090. Consultado o 2009-08-26. 
  8. Clift; Gaedicke; Edwards; Lee; Hildebrand; Amjad; White; and Schlüter (2002). "The stratigraphic evolution of the Indus Fan and the history of sedimentation in the Arabian Sea". Marine Geophysical Researches 23 (3). pp. 223–245. 
  9. Clift, Peter D.; Blusztajn, Jerzy (15 de decembro de 2005). "Reorganization of the western Himalayan river system after five million years ago". Nature 438 (7070): 1001–1003. PMID 16355221. doi:10.1038/nature04379. 
  10. Clift, Peter D.; Shimizu, N.; Layne, G.D.; Blusztajn, J.S.; Gaedicke, C.; Schlüter, H.-U.; Clark, M.K.; Amjad, S. (agosto de 2001). "Development of the Indus Fan and its significance for the erosional history of the Western Himalaya and Karakoram". GSA Bulletin 113 (8): 1039–1051. doi:10.1130/0016-7606(2001)113<1039:DOTIFA>2.0.CO;2. 
  11. Zeitler, Peter K.; Koons, Peter O.; Bishop, Michael P.; Chamberlain, C. Page; Craw, David; Edwards, Michael A.; Hamidullah, Syed; Jam, Qasim M.; Kahn, M. Asif; Khattak, M. Umar Khan; Kidd, William S. F.; Mackie, Randall L.; Meltzer, Anne S.; Park, Stephen K.; Pecher, Arnaud; Poage, Michael A.; Sarker, Golam; Schneider, David A.; Seeber, Leonardo; Shroder, John F. (outubro de 2001). "Crustal reworking at Nanga Parbat, Pakistan: Metamorphic consequences of thermal-mechanical coupling facilitated by erosion". Tectonics 20 (5): 712–728. doi:10.1029/2000TC001243. 
  12. Carwardine, M. (1995), pp. 230-233.
  13. 13,0 13,1 Smith, B.D., Braulik, G.T. & Sinha, R. (2012): Platanista gangetica minor na Lista vermella da UICN.
  14. "Harnessing gigantic hydro power potential of Indus, Jhelum and Chenab rivers in India" (en inglés). Consultado o 21 de decembro do 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Global warming benefits to Tibet: Chinese official. Reported 18 August 2009.". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2010. 
  16. "Pulitzercenter.org" (en inglés). 
  17. Farrow, Ronan (2018). W. W. Norton, ed. War on Peace: The End of Diplomacy and the Decline of American Influence. ISBN 978-0393652109. 
  18. "SEPA orders polluting factory to stop production". Dawn. 3 de decembro do 2008. Consultado o 28 de xuño do 2012. 
  19. "Fishing poison killing Indus dolphins, PA told". Dawn. 8 de marzo do 2012. Consultado o 27 de abril do 2016. 
  20. "'18 dolphins died from poisoning in Jan'". Dawn. 1 de maio do 2012. Consultado o 28 de xuño do 2012. 
  21. "Threat to dolphin: Govt bans fishing between Guddu and Sukkur". The Express Tribune. 9 de marzo do 2012. Consultado o 28 de xuño do 2012. 
  22. "Almost all plastic in the ocean comes from just 10 rivers - 30.11.2017". DW.COM. Consultado o 2018-08-22. Ao redor do 90 por cento de todo o plástico que chega aos océanos do mundo descárgase a través de só 10 ríos: o Yangtzé, o Indo, o Amarelo, o Hai, o Nilo, o Ganxes, o Perlas, o Amur, o Níxer e o Mekong (nesa orde). 
  23. Schmidt, Christian; Krauth, Tobias; Wagner, Stephan (2017-10-11). American Chemical Society (ACS), ed. "Export of Plastic Debris by Rivers into the Sea". Environmental Science & Technology 51 (21). pp. 12246–12253. ISSN 0013-936X. doi:10.1021/acs.est.7b02368. 
  24. Bodeen, Christopher (8 de agosto de 2010). "Asia flooding plunges millions into misery". Associated Press. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2010. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  25. Guerin, Orla (7 de agosto de 2010). "Pakistan issues flooding 'red alert' for Sindh province". British Broadcasting Corporation. Consultado o 7 de agosto de 2010. 
  26. "BBC News - Pakistan floods: World Bank to lend $900m for recovery". bbc.co.uk. 17 de agosto de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 
  27. "BBC News - Millions of Pakistan children at risk of flood diseases". bbc.co.uk. 16 de agosto de 2010. Consultado o 24 de agosto de 2010. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Мурат Бактиярулыказ. Мұрат Бақтиярұлы Депутат Сената Парламента Республики Казахстан от Кызылординской области август 2011 года — январь 2023 года Рождение 17 июня 1958(1958-06-17) (65 лет)с. Байгекум, Чиилийский район, Кызылординской области, Казахская ССР, СССР Партия партия «Ну...

 

 

Children's television series Kate & Mim-MimTitle cardGenreChildren'sCreated byScott StewartJulie StewartDirected byScott StewartVoices of Maryke Hendrikse Lee Tockar Tabitha St. Germain Brian Drummond Matt Hill Theme music composerDaniel IngramOpening themeYou and Me, Kate & Mim-Mim, sung by Jessica ZralyEnding themeYou and Me, Kate & Mim-Mim (instrumental)ComposerMichael Richard PlowmanCountry of originCanadaUnited Kingdom[1]Original languageEnglishNo. of seasons2No. of e...

 

 

قرية بيت الغدراء  - قرية -  تقسيم إداري البلد  اليمن المحافظة محافظة صنعاء المديرية مديرية أرحب العزلة عزلة بني حكم السكان التعداد السكاني 2004 السكان 96   • الذكور 51   • الإناث 45   • عدد الأسر 10   • عدد المساكن 10 معلومات أخرى التوقيت توقيت اليمن (+3 غرينيتش)

Опис файлу Опис Salome_Where_She_Danced. постер фільму Саломея, яку вона танцювала Джерело http://www.cinefaniac.fr/film/fichedoc.php?id=352 Час створення 1945 Автор зображення Universal Pictures Ліцензія Це зображення є рекламним плакатом фільму, спортивного або іншого заходу. Найімовірніше, авторськими правами н

 

 

御岳山 日の出山から御岳山標高 929 m所在地 日本 東京都青梅市位置 北緯35度46分58.3秒 東経139度8分58.2秒 / 北緯35.782861度 東経139.149500度 / 35.782861; 139.149500座標: 北緯35度46分58.3秒 東経139度8分58.2秒 / 北緯35.782861度 東経139.149500度 / 35.782861; 139.149500山系 奥多摩 御岳山 (東京都) (東京都)東京都の地図を表示御岳山 (東京都) (日本)日本の地図を表

 

 

Branka Katić Katić en el Festival de Cine de Karlovy Vary 2010.Información personalNombre nativo Бранка КатићNacimiento 20 de enero de 1970 (53 años)Belgrado, YugoslaviaNacionalidad SerbiaFamiliaCónyuge Julian Farino Hijos 2 Información profesionalOcupación ActrizAños activa 1985–presente[editar datos en Wikidata] Branka Katić (en cirílico: Бранка Катић; n. 20 de enero de 1970, Belgrado, Yugoslavia) es una actriz serbia principalmente conocida ...

My Hallelujah SongСингл Джуліанн Гаф з альбому Julianne HoughВипущений 22 вересня 2008Формат CD-синглЦифрове завантаженняЗаписаний 2008Жанр КантріАвтор пісні Craig WisemanSteve McEwanТривалість 3:30Лейбл Mercury NashvilleПродюсер David MalloyХронологія синглів Джуліанн Гаф Попередній «That Song in My Head»(2008) «Is That So Wrong»(...

 

 

Fifth Roman Catholic bishop of Hong Kong For other people named John Woo, see John Woo (disambiguation). This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (May 2010) (Learn how and when to remove this template message) His EminenceJohn Baptist Wu Cheng-chungCardinal,Bishop of Hong KongDioceseHong KongAppointed5 April 1975Installed25 July 1975Term ended23 Septemb...

 

 

2003 single by Rogue TradersStay?Single by Rogue Tradersfrom the album We Know What You're Up To Released2 June 2003 (2003-06-02) (Australia)Recorded2002GenreDanceLength3:51 (radio edit)5:37 (album version)LabelVicious GroovesSongwriter(s)James AshProducer(s)James AshRogue Traders singles chronology One of My Kind (2003) Stay? (2003) Voodoo Child (2005) Alternative coverLimited edition cover Stay? is a song by the Rogue Traders, released in June 2003 as the third single from th...

2022–23 Saint Mary's Gaels men's basketballWCC regular season co-championsNCAA tournament, Second RoundConferenceWest Coast ConferenceRankingCoachesNo. 22APNo. 19Record27–8 (14–2 WCC)Head coachRandy Bennett (22nd season)Assistant coaches Joe Rahon Justin Joyner Mickey McConnell Home arenaUniversity Credit Union Pavilion(Capacity: 3,500)Seasons← 2021–222023–24 → 2022–23 West Coast Conference men's basketball standings vte Conf Overall Team ...

 

 

Bagian dari seri Gereja Katolik tentangAdorasi EkaristiMonstrans surya untuk penakhtaan Ekaristi. Dokumen kepausan Mirae caritatis Dominicae cenae Mysterium fidei Mediator Dei Ecclesia de Eucharistia Sacramentum caritatis Organisasi dan peristiwa Kongregasi Sakramen Mahakudus Abdi Sakramen Mahakudus Penyembah Abadi Perhimpunan Tabernakel Kongres Ekaristi Tokoh terkemuka St. Fransiskus dari Assisi St. Petrus Eymard St. Yohanes Maria Vianney Marie Tamisier Leo Dupont Uskup Agung Fulton J. Sheen...

 

 

This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) The topic of this article may not meet Wikipedia's general notability guideline. Please help to demonstrate the notability of the topic by citing reliable secondary sources that are independent of the topic and provide significant coverage of it beyond a mere trivial mention. If notability cannot be shown, the article is likely to be merged,...

Triết rừng mưa AmazonTình trạng bảo tồnÍt quan tâm (IUCN 3.1)[1]Phân loại khoa họcGiới (regnum)AnimaliaNgành (phylum)ChordataLớp (class)MammaliaBộ (ordo)CarnivoraHọ (familia)MustelidaeChi (genus)MustelaLoài (species)M. africanaDanh pháp hai phầnMustela africanaDesmarest, 1818[2] Phân bố Triết rừng mưa Amazon (Mustela africana) là một loài động vật có vú trong họ Chồn, bộ Ăn thịt. Loài này được Desmarest mô t

 

 

Government agency of the United States Nuclear Regulatory CommissionAgency overviewFormedJanuary 19, 1975; 48 years ago (1975-01-19)Preceding agencyAtomic Energy CommissionHeadquartersNorth Bethesda, MarylandEmployees2,868 (2021)[1]Annual budget$879 million (2021) [1]Agency executiveChristopher T. Hanson, ChairmanWebsitewww.nrc.gov The Nuclear Regulatory Commission (NRC) is an independent agency of the United States government tasked with protecting public he...

 

 

Community development block in West Bengal, IndiaRajarhatCommunity development blockCoordinates: 22°36′33″N 88°31′37″E / 22.60917°N 88.52694°E / 22.60917; 88.52694Country IndiaStateWest BengalDistrictNorth 24 ParganasGovernment • TypeRepresentative democracyArea • Total72.90 km2 (28.15 sq mi)Population (2011) • Total189,893 • Density2,600/km2 (6,700/sq mi)Languages • O...

Semakin besar kapal dimuati kapal semakin terbenam, sampai suatu batas yang ditunjukkan pada plimsol mark. Tonase bobot mati (Inggris: deadweight tonnage disingkat DWT) adalah jumlah bobot/berat yang dapat ditampung oleh kapal untuk membuat kapal terbenam sampai batas yang diizinkan dinyatakan dalam long ton atau metrik ton . Batas maksimum yang diizinkan ditandai dengan garis plimsoll pada lambung kapal. Tonase bobot mati didefinikan sebagai perjumlahan dari bobot/berat berikut ini: Muatan b...

 

 

American basketball coach and analyst Stan Van GundyVan Gundy in 2009Personal informationBorn (1959-08-26) August 26, 1959 (age 64)Indio, California, U.S.Listed height5 ft 8 in (1.73 m)Listed weight270 lb (122 kg)Career informationHigh schoolAlhambra (Martinez, California)CollegeBrockport (1977–1981)Coaching career1981–2021Career historyAs coach:1981–1983Vermont (assistant)1983–1986Castleton1986–1987Canisius (assistant)1987–1988Fordham (assistant)1988...

 

 

兰广高速动车组列车G846次驶入郑州站概述开行日期2017年7月9日所属铁路局广州局集团、兰州局集团担当客运段广九客运段、兰州客运段当前车次G844/841、G814/815次、G848/845、G842/843次曾用车次G834/831、G96/97次、G846次列车等级高速动车组列车运行区间广州南站 ↔ 兰州西站主要停站西安北站、郑州站、武汉站、长沙南站等运行时间10小时21分-12小时34分发车时间兰州西站:08:13(G834...

Bagian dari seriPendidikan di Indonesia Kementerian Pendidikan, Kebudayaan, Riset, dan Teknologi Republik Indonesia Pendidikan anak usia dini TK RA KB Pendidikan dasar (kelas 1–6) SD MI Paket A Pendidikan dasar (kelas 7–9) SMP MTs Paket B Pendidikan menengah (kelas 10–12) SMA MA SMK MAK SMA SMTK SMAK Utama Widya Pasraman Paket C Pendidikan tinggi Perguruan tinggi Akademi Akademi komunitas Institut Politeknik Sekolah tinggi Universitas Lain-lain Madrasah Pesantren Sekolah alam Sekolah ru...

 

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Februari 2023. Pantai Karang Bolong (Banten) terletak pada Kecamatan Anyer, Kabupaten Serang, Provinsi Banten. Tempat ini terletak pada bagian barat pulau Jawa. Jaraknya tidak jauh dari kota Cilegon dan kawasan tersebut banyak dikunjungi wisatawan. Sejarah Pantai Ka...

 

 

Kembali kehalaman sebelumnya