Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Ra verde

Ra verde
Pelophylax perezi
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Ranidae
Xénero: Pelophylax
Especie: P. perezi
Nome binomial
Pelophylax perezi
(López-Seoane, 1885) [1]
Sinonimia
Referencia:[1]
  • Rana grafi Crochet, Dubois, Ohler & Tunner, 1995
  • Rana perezi López-Seoane, 1885
Ra verde.

A ra verde,[2][3] Pelophylax perezi, é unha especie de anfibio anuro da familia dos ránidos.

Características

É unha ra de corpo robusto (sobre todo os exemplares vellos) de tamaño de mediano a grande, xa que pode alcanzar os 10 cm de lonxitude nas femias, aínda que non adoita superar os 7,5 cm, coa cabeza tan longa como larga, co fociño acabado en punta ou lixeiramente arredondado e os ollos moi grandes, elevados, prominentes e moi xuntos, coa pupila vertical. Os membros anteriores son robustos e teñen catro dedos longos; os posteriores, moi longos, fortes e musculosos, rematan en cinco dedos unidos por unha membrana interdixital completa.[2]

A coloración do dorso é moi variábel, pero adoita ser verde, máis ou menos clara, con tendencia á parda conforme se avanza cara a parte posterior do corpo, e cunhas manchas de cor verde máis escura, ás veces negras, na cabeza, tronco e patas, e unha liña vertebral verde máis clara e sen a característica mancha temporal das ras pardas. O ventre é de cor agrisada.[2][3]

Variacións

Hai unha grande variación individual na cor e no deseño das manchas dorsais. Porén, non se coñecen tendenxiaas xeográficas concretas. Até hai poucos anos todas as ras verdes ibéricas considerábanse como unha subespecie da especie europea Rana ridibunda, que fora descrita por Víctor López Seoane en 1885 como Rana esculenta perezi, a partir de individuos da Coruña. Porén, baseándose nalgunhas diferenzas morfolóxicas e, sobre todo, bioquímicas e xenéticas, foi elevada hai pouco ao rango de especie, Rana perezi López-Seaoane, 1885.[2]

E moi recentemente foi reclasificada no xénero Pelophylax, como Pelophylax perezi (López-Seoane, 1885), que é o nome científico válido na acualidade, conservando a primacía do célebre naturalista galego que a describiu por primeira vez.[1]

Dimorfismo sexual

Os machos posúen dous sacos vocais externos nas comisuras bucais; son de cor branca agrisada ou gris, e vense como dobras cutáneas cando están desinchados. Como ocorre noutros anuros, os machos teñen os membros anteriores moito máis fortes e musculosos que as femias, e cunhas rugosidades de cor escura na cara interna do primeiro dedo, para facilitar o amplexo. As femias, en cambio, son máis voluminosas e alcanzan xeralmente maior tamaño.[2]

Distribución

Distribución da ra verde.

A ra verde é unha especie endémica, e bastante abundante, da Península Ibérica e do sur de Francia, aparecendo até case os 2 400 m de altitude. [4]

O límite de distribución setentrional non está claro. Constatouse a súa presenza até as proximidades de Lión polo leste e até o departamento de Vendée, polo oeste.[5]

Tampouco se coñece o límite na parte central da distribución francesa, onde é posíbel que se encontre ao sur da conca do río Loira. Cara ao sur, a especie non supera o estreito de Xibraltar, non aparecendo, por tanto, na África continental.[5]

Foi introducida nas illas Baleares (Mallorca, Menorca, Ibiza e Formentera), Canarias (agás en El Hierro e Lanzarote), Azores e Madeira. [4]

En Galicia pode verse en todo o país, aínda que é máis abundante nas zonas cálidas do centro e o sur. Encóntrase desde o nivel do mar até os cumios das montañas, chegando aos 1800 m de Pena Trevinca.[2][3]

Nas provincias da Coruña e Lugo é menos montana, e non e doado vela por riba dos 700 m de altitude.[2]

Bioloxía

Hábitat

É unha especie moi ligada á auga, podéndose encontrar tanto en pequenas charcas, estanques, pozas, lagos, lagoas e marismas como nos ríos, grandes e pequenos, sempre que sexan de augas estancadas ou de curso moi lento.[3] Os adultos prefiren particularmente as augas permanentes, tranquilas, de certa profundidade e con moita vexetación nas beiras. Os xuvenís e subadultos adoitan aparecer tamén en zonas marxinais como brañas, prados húmidos, arroios, regos de prados e charcos temporais.

Actividade

En Galicia a maioría dos espécimes adultos hibernan (cousa pouco común nos anfibios galegos) de novembro a marzo, sobre todo os que viven nas zonas máis frías. Pola contra, os xuvenís e subadultos poden verse activos nos meses invernais. Poden ser activos tanto de día como de noite e, durante o día, gústalles tomar o sol nas beiras, ou sobre plantas ou obxectos flotantes.[2]

Comportamento

A ra verde é unha especie estritamente acuática.

A ra verde é un animal moi áxil, excepcional saltadora (pode dar brincos de até 2 m de lonxitude), nadadora e mergulladora. É unha especie gregaria, e adoita vivir en grandes e ruidosas colonias. É moi asustadiza, e salta rapidamente á auga cando advirte o máis lixeiro perigo. Despois de saltar á auga adoita afastarse moito da beira, e tentan agocharse entre a vexetación somerxida ou enterrada na lama do fondo; este comportamento difire notabelmente do das outras ras galegas, que regresan rapidamente á terra despois de saltaren á auga. Moi competitiva, cando un insecto voa sobre a auga moitas ras acoden ao lugar, molestándose entre si e saltando unhas sobre as outras até que unha delas consegue a captura. Pode cazar insectos en voo saltando a considerábel altura (até medio metro). Cando se aproxima un depredador, por exemplo unha cobra, ínchase de aire e baixa a cabeza para dificultar a trabada do agresor, sobre todo cando se trata dunha ra de bo tamaño. Outra estratexia defensiva que practica con relativa frecuencia é a expulsión dun chorro de urina pola cloaca que desconcerta ao predador.[2]

Alimentación

Cágado de ra verde.
Cágado de ra verde na fase tetrápoda.

Moi voraces, comen practicamente calquera animal máis pequeno que elas que se lles achegue. A maior parte da súa dieta compóñena os artrópodos, seguidos de moluscos e vermes, aínda que tamén se coñecen capturas de pequenos vertebrados, como peixes, roedores e outras ras (mesmo da súa mesma especie).[2][3]

Os cágados aliméntanse de algas, detritos orgánicos, plantas fanerógamas, fungos e, ás veces, de pequenos artrópodos e vermes nematodos.[2]

Reprodución

As ras verdes galegas adoitan entrar en celo ao saíren do letargo invernal no mes de marzo. Durante este mes e até comezos de xuño os machos cantan ruidosamente e perseguen ás femias cos sacos vocais inchados. O amplexo é axilar e as femias poñen os ovos (cada unha entre 800 e 10 000, segundo o seu tamaño) que son depositados en masas globosas nas charcas ou nos remansos dos ríos nos que viven. Os ovos miden de 1 a 2 mm de diámetro, pero están recubertos dunha cápsula xelatinosa de 7 a 8 mm. A eclosión ten lugar ao cabo de 5 ou 6 días.[2][3]

No momento da eclosión, as larvas miden de 5 a 6 mm, aínda que os cágados máis desenvolvidos acadan 60 ou 70 mm (cítanse larvas de até 90 mm de lonxitude total, cabeza-cola). O espiráculo sitúase no lado esquerdo da cabeza, e o ano ábrese máis atrás. A coloración é apardazada ou verdosa na rexión dorsal, con ou sen manchas, e branca nacarada na ventral. O desenvolvemento larvario é bastante lento (de 2 a 4 meses). Cando acaba a metamorfose as pequenas ras miden entre 1,8 e 2,45 cm (cunha media de 2 cm). A coloración dos xuvenís é moi semellante á dos adultos, pero os seus costumes son máis terrestres, e pódense ver con frecuencia bastante lonxe da auga, en herbazais húmidos.[2][3]

Ameazas e estado da poboación

Depredación

A ra verde ten unha ampla lista de depredadores debido á súa abundancia. Entre eles están moias aves (miñatos, garzas, cegoñas, mouchos, curuxas etc.), pequenos carnívoros (teixugos, furóns, xenetas, londras etc.) e réptiles como as cobras acuáticas (Natrix natrix e N. maura. Os individuos xuvenís son tamén presa frecuente das ras adultas. Así mesmo, o home pode considerarse un depredador desta especie, pois as ancas de ra son moi apreciadas en moitos lugares de Galicia.[2]

Estado actual

É a especie de anfibio máis abundante e máis amplamente distribuído da fauna galega, e as súas poboacións en Galicia, a pesar do consumo das súas ancas, e á desaparición do seu máis grande hábitat, a lagoa de Antela, non só non diminúen, senón que mesmo están aumentando os seus efectivos, debido principalmente á proliferación de minicentrais eléctricas.[2][3]

Porén, noutras zonas de España as súas poboacións están diminuíndo de forma alarmante nos últimos tempos debido ao aumento do uso de herbicidas e outros produtos fitosanitarios.[3]

A nivel global, a especie aparece no anexo III do Convenio de Berna e no anexo V da Directiva Europea de hábitats naturais. Está rexistrada no Libro vermello de especies ameazadas de España e en varios libros vermellos autonómicos. Porén está presente en moitas áreas protexidas, como nos Parques Nacionais de Cabañeros e de Doñana en España e, en Portugal no de Peneda-Gerês. A UICN cualfiucou en 2009 a situación da especie como "LC" (pouco preocupante).[6]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Pelophylax perezi (López-Seoane, 1885) no SIIT.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 Galán e Fernández (1993), pp. 180-184 e 201-202.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Asensi, M. (2006), pp. 80-81.
  4. 4,0 4,1 "Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Hábitat de P. perezi" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o 30 de outubro de 2013. Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid-CSIC. 
  5. 5,0 5,1 "Atlas y Libro Rojo de los Anfibios y Reptiles de España" (en castelán). Ministerio de Agricultura, Medio Ambiente e Alimentación, España 
  6. Jaime Bosch, Miguel Tejedo, Pedro Beja, Iñigo Martínez-Solano, Alfredo Salvador, Mario García-París, Ernesto Recuero Gil & Trevor Beebee (2009): Pelophylax perezi na Lista vermella da IUCN, versión 2013.1.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Asensi Cabirta, Moisés (2006): Guía dos anfibios e réptiles de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-29-1.
  • Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-722-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Onze-Lieve-Vrouw-Hemelvaartkerk in 1976 De Onze-Lieve-Vrouw-Hemelvaartkerk of Onze-Lieve-Vrouwekerk is de parochiekerk van het Belgische dorp Hofstade, gewijd aan Onze-Lieve-Vrouw. Ze kent een lange bouwgeschiedenis met twee belangrijke vergrotingen. Er bevindt zich waardevol meubilair en een aantal kunstvoorwerpen. Architectuur De kerk bestaat uit het middenschip met twee zijbeuken van vijf traveeën, een vieringtoren, twee transeptarmen en een koor. Boven het uurwerk op de toren, staat het ...

 

Marvel Cinematic Universe television seriesGenreSuperheroBased onCharacters publishedby Marvel ComicsStarring Marvel Television series actors Marvel Studios series actors Country of originUnited StatesOriginal languageEnglishNo. of seasons Marvel Television 29 (across 12 series) Marvel Studios 10 (across 9 series) No. of episodes Marvel Television 386 Marvel Studios 69 ProductionExecutive producers Marvel Television Alan Fine Stan Lee Joe Quesada Jim Chory Jeph Loeb Marvel Studios Kevin Feige...

 

Ця стаття є частиною Проєкту:Населені пункти України (рівень: невідомий) Портал «Україна»Мета проєкту — покращувати усі статті, присвячені населеним пунктам та адміністративно-територіальним одиницям України. Ви можете покращити цю статтю, відредагувавши її, а на стор�...

Australian GT race car Holden Monaro 427CCategoryAustralian Nations Cup ChampionshipConstructor Garry Rogers MotorsportTechnical specificationsSuspension (front)MacPherson struts, coil springs, anti-roll barSuspension (rear)Semi trailing arms, coil springs, anti-roll barLength4,789 mm (189 in)Width1,841 mm (72 in)Height1,397 mm (55 in)Axle track1,559 mm (61 in) (F)1,577 mm (62 in) (R)Wheelbase2,788 mm (110 in)EngineGRM designed Chevr...

 

إدارة مستشفياتصنف فرعي من إدارة — إدارة يمتهنه health administrator (en) تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات إدارة الشؤون الصحية أو إدارة الرعاية الصحية أو إدارة المستشفيات: هي المجال المعني بالسيطرة والإدارة والإشراف على أنظمة الصحة العامة وأنظمة الرعاية الصحية والمستشفيات، وع�...

 

Matt Prokop2008PekerjaanAktorTahun aktif2006 – sekarangSitus webhttp://www.mattprokop.com Matt Prokop (lahir 29 Juli 1990) adalah aktor asal Amerika Serikat. Ia berperan sebagai Jimmie The Rocket Zara dalah film High School Musical 3: Senior Year. Filmografi Tahun Judul Peran Catatan Lain 2010 Furry Vengeance Tyler Sanders Main Role Cougar Hunting Tyler Main Role 2009 Medium Kyle 'Casey' Covington Episode Once in a Lifetime In the Motherhood Luke TV Series, Unaired Pilot 2008 High Scho...

Wany HasritaWany pada Upacara Wisuda MSU ke-22 Maret 2018.LahirNurshazwany Hasrita binti Hasbullah24 Desember 1992 (umur 30)Kuala Lumpur, MalaysiaPendidikanSarjana Ilmu KedokteranAlmamaterManagement & Science University (MSU)PekerjaanPenyanyi, Pemeran, Pembawa AcaraTahun aktif2016–kiniSuami/istriMohd Al-Adib Fahmi Harun ​ ​(m. 2022)​Karier musikGenreBaladaPopMusik MalaysiaInstrumenVokalLabelFMC MusicArtis terkaitTajul Ariff, Wani Syaz Nur...

 

2010 novel by author Ian McEwan This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (November 2021) Solar Cover of the first editionAuthorIan McEwanCover artistAndy Chatman (photo)Suzanne Dean (design)LanguageEnglishGenreSatirePublisherRandom HousePublication date18 March 2010Media typePrint (hardcover)Pages304ISBN0-224-09049-6 Solar is a nov...

 

Road in South Korea 6 National Route 6국도 제6호선Route informationLength274.3 km (170.4 mi)Existed31 August 1971–presentMajor junctionsWest endJung-gu, Incheon National Route 42 National Route 46 National Route 77East endGangneung, Gangwon Province National Route 7 LocationCountrySouth Korea Highway system Highway systems of South Korea Expressways National Local Route 6 at Yangseo, Yangpyeong, Gyeonggi Province National Route 6 (Korean: 국도 제6호선; Guk...

British politician For other people named Robert Scott, see Robert Scott (disambiguation). This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Robert Scott died 1808 – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (August 2021) Robert Scott (c1746-1808) was a British politician who sat in the House ...

 

Економічна наука Загальні поняття Економісти Економічне зростання Закони Макроекономіка Мікроекономіка Історія Класична — Неортодоксальна Наукові школи Національні рахунки Нейроекономіка Періодика Політекономія Політика Система Соціальне забезпечення Фінанси...

 

Dance Project This article is an orphan, as no other articles link to it. Please introduce links to this page from related articles; try the Find link tool for suggestions. (April 2018) This article does not cite any sources. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: The Oh! – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2019) (Learn how and when to remo...

Atas: Bahan fisi terlalu kecil, sehingga neutron mudah lepas dan reaksi berantai tidak dapat berjalan sendiri. Tengah: Dengan meningkatkan massa bola menjadi suatu titik yang disebut massa kritis, reaksi berantai jadi dapat berjalan sendiri. Bawah: Membungkus bola tersebut dengan pemantul neutron meningkatkan efisiensi reaksi dan massa kritikal dapat dicapai dengan bola yang lebih kecil. Dalam fisika nuklir, massa kritis atau massa genting adalah jumlah terkecil bahan fisi yang memungkinan re...

 

Species of bird Socotra buzzard Conservation status Vulnerable (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Accipitriformes Family: Accipitridae Genus: Buteo Species: B. socotraensis Binomial name Buteo socotraensisPorter & Kirwan, 2010 The Socotra buzzard (Buteo socotraensis) is a medium to large bird of prey that is sometimes considered a subspecies of the widespread common buzzard (Buteo buteo). As its...

 

Community in Ohio, United States Looking north on McKay Road in McKays, Ohio. McKays is an unincorporated community in Clinton County, Ohio, United States.[1] History McKays was originally known as McKay's Station, and under the latter name had its start when the railroad was extended to that point.[2] The location was never platted but the railroad had a 21 car capacity and had 1 side track. At the location as well was a grain elevator, coal yard, log loading, stock yard and ...

Shas ש״סBerkas:Shas logo.svgKetua umumAryeh DeriPemimpin SpiritualShalom CohenDibentuk1984; 38 tahun lalu (1984)Dipisah dariAgudat YisraelKantor pusatYerusalemIdeologiZionisme[1]PopulismeKonservatisme agama[2]Egalitarianisme ekonomiKepentingan Sefardi dan MizrahiKepentingan Ultra-Ortodoks[3][4]Posisi politikSosial: Sayap kananEkonomi: Kiri-tengahAgamaYahudi Haredi (Sefardi Haredim)Afiliasi internasionalOrganisasi Zionis SeduniaWarna  ...

 

Golpe de Estado de mayo de 1926 Parte de Período de entreguerras Józef Piłsudski (en primer plano) junto a otros cabecillas del golpe en Varsovia.Contexto del acontecimientoFecha 12 de mayo de 1926-14 de mayo de 1926Sitio Varsovia, PoloniaGobierno previoGobernante Presidente Stanisław Wojciechowski, Primer Ministro Wincenty WitosForma de gobierno Ejército leal al gobiernoGobierno resultanteGobernante Mariscal Józef PiłsudskiForma de gobierno Ejército leal a la SanacjaPérdidasLesiones...

 

У этого топонима есть и другие значения, см. Возрождение (значения). ПосёлокВозрождениефин. Kavantsaari 60°51′39″ с. ш. 28°57′50″ в. д.HGЯO Страна  Россия Субъект Федерации Ленинградская область Муниципальный район Выборгский Городское поселение Каменногорское Истори�...

This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: List of Philippine films of 2021 – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (June 2021) (Learn how and when to remove this template message) Cinema ofthe Philippines Films before the 2010s Pre-1940   1940s   1950s   1960s1970s   1980s ...

 

Castle in Midlothian, Scotland, UK This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (February 2019) (Learn how and when to remove this template message) Hawthornden CastleMidlothian, Scotland Site historyBuilt15th - 17th centuryBuilt byDouglas family Sir William Drummond of HawthorndenMaterialsPink sandstone rubble with ashlar dressings Hawthornden Castle ...

 
Kembali kehalaman sebelumnya