Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Radiotelescopio

Comparado cun telescopio común, que produce imaxes a través da luz visíbel, un radiotelescopio "observa" as ondas de radio emitidas por fontes de radio, normalmente a través dunha ou conxunto de antenas parabólicas de grandes dimensións.

Radiotelescopio Parkes de 64 metros, Nova Gales do Sur, Australia (o maior dos dous)

O maior radiotelescopio é o RATAN-600 (Rusia) con 576 metros de diámetro da antena circular (descrición do RATAN-600 Arquivado 10 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.).

No entanto, o máis coñecido (inda que non sendo capaz de ser direccionado) é o Radiotelescopio de Arecibo, localizado en Arecibo, Porto Rico. Outro, tamén moi coñecido, é o Very Large Array (VLA), en Socorro, Novo México. O maior radiotelescopio na Europa ten unha antena de 100 metros de diámetro, en Effelsberg, Alemaña, e tamén foi, durante 30 anos, o maior, coa posibilidade de ser direccionado, até a inauguración do Telescopio Green Bank en 2000. O diámetro típico dunha antena dun radiotelescopio é de 25 metros, e decenas de radiotelescopios de tamaño idéntico operan en radio-observatorios en todo o mundo.

A área da Astronomía relacionada coas observacións realizadas por estes radiotelescopios é designada de radioastronomía.

Moitos dos corpos celestes, como os pulsars ou galaxias activas (como os quásars), producen radiación en radiofrecuencia e son, por tanto, os máis facilmente "observables" ou mesmo os únicos, na rexión radio do espectro electromagnético. Examinando a frecuencia, potencia e tempo das emisións radio destes obxectos, os astrónomos poden aumentar a súa percepción do Universo.

Os radiotelescopios son tamén, ocasionalmente, incluídos na procura de vida extraterrestre e no acompañamento das sondas espaciais (ver Deep Space Network) e satélites.

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya