Rafael Frade Peña, nado en Santiago de Compostela o 9 de xaneiro de 1914 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
Fillo de Ricardo Frade Giráldez. Estuda na Escola da Inmaculada, da que será o primeiro presidente da asociaciación de antigos alumunos en 1932.
Na Segunda República era estudante universitario, colaborou en Ser,[1] e militou en Unión Republicana, sendo nomeado Secretario Xeral en Santiago[2] o 9 de xullo de 1936 xunto a Manuel Rey Busto como presidente [3] Participou no aniversario da república o 14 de abril de 1934[4] Participou co Comité Pro Autonomía da zona de Santiago, en mitins no Barbanza e Arzúa.[5]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité de Defensa da República constituído no concello compostelán en representación de Unión Republicana. Foi detido e xulgado en consello de guerra. Foi defendido polos avogados José Reino Caamaño, Cándido García[6][7][8] e Manuel María González López, pero foi condenado a pena de morte. Foi executado [9][10] no cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936.[11] No mesmo consello de guerra foron procesados tamén Fernando Domínguez Caamaño, José Germán Fernández, Rafael Frade Peña, José Maroño Calvo, Manuel Maroño Calvo, Luís Martínez Nouche, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces, Luis Rastrollo González, José Carnero Valenzuela, Marcial Pérez Martinez e Juan Jesús Lema Lema.
Notas
- ↑ "SER. Semanario Gallego de Izquierdas. Nº 15, 7 de xullo de 1935.". areal.gal.
- ↑ "El Eco de Santiago : diario independiente: Ano XL Número 16502 - 1936 xullo 10".
- ↑ "Manuel Rey Busto - Nomes e Voces".
- ↑ "El Eco de Santiago". 16 xaneiro 1934.
- ↑ Turismo, Xunta de Galicia Consellería de Cultura e; Turismo, Xunta de Galicia Consejería de Cultura y; Tourism, Xunta de Galicia Council of Culture and (2011-06-06). "Galiciana: Biblioteca Dixital de Galicia". biblioteca.galiciana.gal. Consultado o 2021-03-27.
- ↑ "El Compostelano : diario independiente: Ano XVII Número 4894 - 1936 novembro 19".
- ↑ "El Diario de Pontevedra : periódico liberal: Ano L Número 15122 - 1936 novembro 20".
- ↑ "El Progreso : semanario independiente: Ano XXXIII Número 125508 - 1936 novembro 20".
- ↑ "El Pueblo gallego : rotativo de la mañana: Ano XIII Número 4146 - 1936 decembro 4".
- ↑ "Lamela García, l., 1936, La “Cruzada” en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares, Sada, Ediciós do Castro, 2005, pp. 178-179" (PDF).
- ↑ "DNSD-SECRETARIA,FICHERO,21,F0125389 - Ficha de Rafael Frade Peña". PARES. Consultado o 2021-03-27.
Véxase tamén
Bibliografía
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 274. ISBN 84-8485-186-9.