Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Lema.
Rafael Lema Mouzo, nado na Ponte do Porto (Camariñas) o 27 de abril de 1967, é un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Ambientais, diplomado en Imaxe e Son e Filoloxía Hispánica, traballou en diversos medios de prensa e radio. É presidente do colectivo ecoloxista PX da Costa da Morte e do centro de estudos Blas Espín de Camariñas. Tamén ten colaborado na Radio Galega, Antena 3 e La Voz de Galicia.
Ademais dos de poesía, recibiu varios premios a nivel nacional como investigador do patrimonio. Tamén escribe narracións para o público infantil e xuvenil.
Obra en galego
Poesía
- Cemiterio das gaivotas (1993, Espiral Maior).
- Atlántida (1999, Espiral Maior).
- Luces de N. Y. (2001, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- Sete vagas (2006, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
- Alturas do Monte Pindo (2013, Concello de Negreira/Consellería de Cultura).
Literatura infanto-xuvenil
- Flores negras (1998, Sotelo Blanco).
- Capitán Araña (1999, Sotelo Blanco).
- Mareas negras (2003, Tambre).
- O club do Corvo Mariño (2005, Tambre).
- U-49 (2007, Tambre).
- Crónicas corsarias (2008, Tambre).
- O tesouro da corsaria (2010, Tambre).
Obras colectivas
- Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas (1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso).
- Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal (2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (2009, Sotelo Blanco).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios
Obra en castelán
Ensaio
- El camino secreto de Santiago: La ruta pagana de los muertos (2007, Edaf).
- Costa da Morte. Un país de sueños y naufragios (2011, GAC3).
Véxase tamén
Ligazóns externas