Ramón Pernas López, nado en Viveiro o 4 de marzo de 1952, é un xornalista, guionista, crítico literario e escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
Pernas estudou Ciencias da Información e socioloxía na Universidade Complutense de Madrid, colaborou como crítico literario e articulista en publicacións como Tiempo e Interviú, e como columnista en Cuadernos del Norte e na axencia OTR. Foi subdirector de Nueva Empresa e director de Actual e traballou como guionista na TVE (Si yo fuera presidente). Durante oito anos foi director editorial de Espasa Calpe. Como escritor publicou as novelas Si tú me dices ven (1996), El pabellón azul (1998), Paso a dos, pola que recibiu o Premio Ateneo de Sevilla e que tamén resultou finalista do Premio Nacional de Literatura, Brumario (2000), Libro de actas (2003) e Del viento y la memoria (2006). En Poesía (in)completa (2008) axuntou nun único volume a práctica totalidade da súa obra poética.[1]. Ademais publicou contos en volumes colectivos e escribiu con José Mario Armero o libro Cien años de circo en España, tamén é autor con José Luis Cabo e Xosé Enrique Acuña de Galicia en blanco y negro (2000).
Pernas dirixe Ámbito Cultural do grupo El Corte Inglés e colabora como articulista en xornais como La Voz de Galicia e foi presidente do Club de Periodistas Gallegos en Madrid[2] e académico da Academia Auriense-Mindoniense de San Rosendo.
Libros
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas