Raquel, (do hebreo: רָחֵל; Rakhél ou Rāḥēl) de significado: ovella[1], como describe a Biblia, foi a dona favorita de Xacob, un dos tres patriarcas bíblicos, e nai de Xosé e Benxamín. Foi filla de Labán e a irmá máis nova de Lea, a primeira dona de Xacob. Xacob era o seu curmán, e ela era a sobriña máis nova de Rebeca.
Raquel pertencía a unha familia rica, de pastores e labregos, homes e mulleres totalmente dedicados ao traballo. A riqueza da súa familia viña a través do único propósito "traballar e prosperar". Esa é unha das admiracións que Deus tiña sobre esa familia (Xénese 2.15), malia non o coñeceren aínda; eles eran politeístas: adoraban varios deuses, Raquel tamén herdou a beleza da liñaxe de Sara e Rebeca, súa tía. Algúns escribas describiron Raquel como "linda", sinónimo de máxima beleza xa vista; no texto do orixinal hebraico (בראשית-Bereshit) ela é descrita amorosamente como "bonita de forma e bonita de aparencia" (en hebraico: וְרָחֵל הָֽיְתָה יְפַת־תֹּאַר וִיפַת מַרְאֶה). Hoxe en día, Raquel na verdade quere dicir "rosa amorosa", orixinalmente dos significados hebreos.
(Xen. 29:17). Como costume do seu pobo, Raquel traballaba de pastora de carneiros (Xénese 29.9), que non era un servizo insignificante, alén de compartir a tarefa doméstica coa súa irmá, Lea.
Raquel e Lea
Mentres que Lea deu á luz catro fillos axiña, Raquel era estéril e non puido concibir por moitos anos. Raquel entón ofreceu a súa criada (Bila) ao seu home en matrimonio, como era o costume. Bila entón deu á luz dous fillos. Lea que tamén arelaba máis meniños ofreceu a súa criada, Zilpa, para Xacob, a cal deu á luz mais dous fillos. Finalmente, despois de que Lea deu á luz outros dous fillos e unha filla, a propia Raquel xerou dous fillos.
Raquel sempre foi a dona preferida de Xacob: el amábaa moito e dedicáballe a maior parte do seu tempo libre, compartindo o seu leito con ela. Raramente Xacob visitaba a tenda de Lea, que negociou con Raquel para que deixase a Xacob pasar soamente unha noite na súa compaña. (Xen. 30,14-16).
A morte e a descendencia de Raquel
Raquel morreu de parto no camiño da casa de Xacob. No medio do nacemento a parteira díxolle a Raquel que o bebé era un meniño, e mentres a alma de Raquel deixaba o seu corpo, ollou o neno e chamouno Benoni (fillo da miña dor), xa que morreu. Porén máis tarde o seu pai chamaríao fillo da ledicia. Xacob soterrou a Raquel na estrada de camiño a Efrat, próximo a Belén. Hoxe a tumba de Raquel, situada entre Belén e o barrio de Gilo en Xerusalén (Xen. 35-20), é visitada por milleiros de persoas cada ano.