Raúl Fuster Arnao, nado en Elx o 23 de xullo de 1985 é un futbolista profesional español, que xoga na posición de defensa no Lleida.
Traxectoria
Nado en Elx, no barrio do Toscar, formouse nas categorías inferiores do club da cidade, o Elche C.F., pasando por tódalas categorías dende o infantil até o primeiro equipo. Na tempada 2006-07 é cedido ao Villajoyosa C.F., que milita no grupo III da Segunda División B. Tras unha boa tempada foi recuperado polo Elche para o seu primeiro equipo, debutando co galego David Vidal. Permaneceu durante tres tempadas no equipo ilicitano (2007-08, 2008-09 e 2009-10). No verán de 2010 asinou por dúas tempadas co Club Gimnàstic de Tarragona. Ao rematar o contrato en 2012 asina co Club Deportivo Lugo para xogar na Segunda División, deixando o club en decembro debido á falta de minutos no club lucense e asinando coa UD Salamanca da Segunda División B. Trala desaparición do Salamanca recala no Lleida Esportiu, da mesma categoría.
Véxase tamén
Ligazóns externas