Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Reino de Frisia

Modelo:Xeografía políticaReino de Frisia

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialOld Frisian (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación500 Editar o valor en Wikidata
Disolución734 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino franco Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

Extensión posible do reino en tempos de Redbod.

O Reino de Frisia, tamén coñecido como Magna Frisia, é o nome moderno para unha entidade política ou reino en parte do que agora son os Países Baixos e o norte de Alemaña, establecido por volta do 600 e desaparecido tras a batalla do Boarn (734) gañada polos francos.

Antes das migracións xermánicas

Antes do período coñecido como migracións xermánicas a tribo xermánica dos frisii habitaba as rexións baixas entre o Zuiderzee e o río Ems compartían unha mesma cultura material con outras tribos xermánicas que se estendían ata Xutlandia como os chauci, os saxóns ou os anglos que non se poden diferenciar arqueoloxicamente.[1] O pouco que se sabe sobre os frisii e os seus reis procede de crónicas romanas sobre a visita a Roma de dous dos seus reis, Malorix e Verritus, no século I. Cara ao 400 os frisii abandonaron o país e desapareceron dos rexistros arqueolóxicos.

Migracións xermánicas

Durante as migracións xermánicas "novos" frisios (probablemente unha unión de anglos, saxóns, xutos e frisii) reasentáronse no norte e no oeste dos Países Baixos.[2] Os frisios consistían de tribos sen moita cohesión, baseadas en bandas bélicas pero con escaso poder. Na segunda metade do século VII o reino frisio acadou a súa máxima extensión xeográfica.[3]

Reis

Hai dúbidas sobre a existencia dunha autoridade central permanente[4] ou se tiña unha unidade administrativa[5]. En todo caso só coñecemos o nome de tres reis, que as fontes francas denominan duques.

Aldgisl

Durante o reinado de Aldgisl, os frisios entraron en conflito co mordomo de palacio franco Ebroin, polo control das vellas fortificacións romanas fronteirizas. Aldgisl logrou manter os francos a distancia co seu exército. No ano 678 recibiu ao bispo inglés Wilfrid, que como el estaba enfrontado aos francos.[6]

Redbad

Sceattas frisias c.710–735.
Gran fibela de Wijnaldum do século VII, atopada en 1953.

Baixo Redbad os francos tomaron vantaxe, no ano 690 os francos venceron na batalla Dorestad dirixidos polo mordomo Pepin de Herstal,[7] como consecuencia Dorestad pasou a mans francas de novo, así como os castelos de Utrecht e Vechten, aumentado a influencia franca en territorio frisio e establecéndose unha misión católica entre os pagáns frisios coa constitución dunha sé episcopal en Utrecht en 695 coa consagración do bispo Willibrord,[8] así como o matrimonio entre Grimoald o Novo o fillo máis vello de Pepin e Thiadsvind, filla de Redbad, no ano 711.[6]

Tras a morte de Pepin, en 714, Redbad aproveitouse das disputas pola sucesión e volveu a controlar o sur de Frisia, asinando un tratado co mordomo Ragenfrid, así que en 716 o seu exército puido chegar ata Colonia, vencendo na batalla de Colonia,[9] volvendo cara ao norte cun gran botín. Redbad mobilizou un grande exército para invadir o reino franco por segunda vez pero enfermou e morreu no outono do ano 719.[10]

Descoñécese o seu sucesor, pero o caso é que o franco Carlos Martel invadiu facilmente Frisia con escasa resistencia, anexionando Frisia Citerior (territorio ao sur do Rin), chegando ademais ata o río Vlie.[6]

Poppo

En 733 Carlos Martel enviou un novo exército contra os frisios, retirándose as tropas frisias a Eastergoa. Ao ano seguinte Carlos trasladou ao seu exército a través do lago Almere cunha frota que lle permitiu chegar ata De Boarn, e na batalla derrotaron aos frisios,[6] (p795) morrendo o seu rei Poppo.[9] Os vencedores saquearon e queimaron os santuarios pagáns.

Despois da conquista franca

Tras a batalla do Boarn], os francos anexionaron o territorio frisio entre Vlie e Lauwers, conquistando as terras ao leste de Lauwers no 785 cando Carlomagno derrotou ao saxón Widukind. Os carolinxios deixaron Frisia baixo o mando dun grewan, un título semellante ao dun conde no seu primitivo sentido de "gobernador" máis ca do "señor feudal".[11] (p205)

Durante o reinado de Carlomagno recopilouse a Lex Frisionum, o código legal dos frisios en latín.

Clases sociais

Non existía o sistema feudal no tempo do reino frisio. Os rexistros frisios máis antigos recollen catro clases sociais ethelings (nobiles nos documentos latinos) e frilings, que xuntos constituían os "frisios libres" que podían comparecer nos tribunais, e os laten ou liten cos escravos, encadrados nos laten durante a Alta Idade Media [11][12] Os laten estaban ao cargo de terras das que non tiñan a propiedade, ligados ao xeito de servos, pero no período final do reino podían mercar a súa liberdade.

Notas

  1. Haywood, John (1999). Dark Age Naval Power. A reassessment of Frankish and Anglo-Saxon Seafaring Activity. Anglo-Saxon Books. pp. 17–19. ISBN 978-1898281221. 
  2. Halbertsma, Herrius (2000). Frieslands oudheid: het rijk van de Friese koningen, opkomst en ondergang. Utrecht: Matrijs. p. 792. ISBN 9789053451670. 
  3. Es, Willem A. van; Hessing, Wilfried A. M (1994). Romeinen, Friezen en Franken in het hart van Nederland : van Traiectum tot Dorestad 50 v.c.-900 n.c. Utrecht: Mathijs. pp. 90–91. ISBN 9789053450499. 
  4. RTV Noord. Para o arqueólogo Johan Nicolai era unha unión de pequenos reinos
  5. [M.F.P. Dijkstra, Rondon de mondingen van Rijn & Maas: landschap en bewoning tussen de 3e en 9e eeuw in Zuid-Holland, 2011, pp., 376-378. Cre que é posible que en tempos do rei Redbad houbera unha unidade administrativa]
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Halbertsma, Herrius (1982). "Summary". Frieslands Oudheid (PDF) (en neerlandés). Groningen: Rijksuniversiteit Groningen. pp. 791–798. OCLC 746889526. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2013. 
  7. Blok, Dirk P. (1968). De Franken : hun optreden in het licht der historie. Fibulareeks (en neerlandés) 22. Bussum: Fibula-Van Dishoeck. pp. 32–34. OCLC 622919217. Consultado o 2014-09-17. 
  8. it Liber Pontificalis (Corpus XXXVI 1, side 168) en Beda Venerabilis (Corpus XLVI9, page 218)
  9. 9,0 9,1 "Geschiedenis van het volk der Friezen". boudicca.de (en neerlandés). 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2009. Consultado o 2009-01-22. 
  10. Halbertsma, Herrius (2000). Frieslands oudheid: het rijk van de Friese koningen, opkomst en ondergang (en neerlandés) (New ed.). Utrecht: Matrijs. ISBN 9789053451670. 
  11. 11,0 11,1 Homans, George C. (1957). "The Frisians in East Anglia". The Economic History Review. New series 10 (2) (Wiley). pp. 189–206. ISSN 0013-0117. JSTOR 2590857. 
  12. Siebs, Benno E. (1933). Grundlagen und Aufbau der altfriesischen Verfassung. Untersuchungen zur deutschen staats- und Rechtsgeschichte (en German) 144. Breslau: Marcus. OCLC 604057407. 
Kembali kehalaman sebelumnya