Ricardo Miser Viriato, nado en Tui e finado en Ribeira a finais de novembro de 1900[1], foi un xornalista galego.
Traxectoria
Masón. Dirixiu La Tranca e a segunda etapa de El Látigo de Pontevedra. Presidiu o triángulo masónico El Progreso de Vigo que promoveu o periódico El Progreso e dirixiu o Colegio Laico de Vigo, de primeira e segunda ensinanza e de adultos. En 1894 tivo que exiliarse en Portugal para evitar un proceso por suposto delito contra as institucións. En Lisboa dirixiu La Unión Galaica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía