Fillo de emigrantes galegos no Río da Plata. Estudou Lingua e Literatura portuguesas en Buenos Aires e Socioloxía no Salvador. Desde os quince anos integrouse no movemento galeguista de Buenos Aires e participou no desenvolvemento de AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas) e despois co Asociación Arxentina de Fillos de Galegos onde continuou cos cursos de galego que iniciara Eduardo Blanco Amor entre 1962 e 1966. Despois dun tempo en Galicia, estableceuse en Londres a finais dos anos setenta onde traballou na axencia EFE, pasando despois a París, Brasilia e Lisboa. Colaborou en O Irmandiño. Fixo os prólogos de Cartas a Rosalía e Fernando Iglesias "Tacholas", un actor auriense na Galicia ideal.