Richard Robert "Ricky" Arnold II, nado en Cheverly, Maryland, o 26 de novembro de 1963, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-119 e Soiuz MS-08 e foi membro das expedicións 55 e 56 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria
Arnold graduouse como mestre pola Universidade do Estado de Frostburg en 1988 e é máster en ciencias mariñas e ambientais pola Universidade de Maryland en 1992.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2003. Participou nas misións STS-119 e Soiuz MS-08 e foi membro das expedicións 55 e 56 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 209,56 días no espazo.[1][2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos