Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Rodica Radian-Gordon

Modelo:BiografíaRodica Radian-Gordon

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Bucarest, Romanía Editar o valor en Wikidata
Ambassador of Israel to Spain (en) Traducir
setembro de 2019 – maio de 2024
Embaixador
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Hebrea de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor en Wikidata

Rodica Radian-Gordon, nada en Bucarest o 10 de xullo de 1957,[1] é unha diplomática israelí, embaixadora de Israel en España, con acreditación non residente en Andorra, cargo que ocupa dende setembro de 2019. É a primeira muller embaixadora de Israel en España. Con anterioridade, tamén foi embaixadora en México e non residente nas Bahamas (2010-2015)[2] e Romanía (2003-2007).[3][4]

Traxectoria

A comezos da década de 1960, a familia de Radian-Gordon decidiu abandonar Romanía. Porén, debido a obstáculos burocráticos, só puideron emigrar a Israel en 1963, onde se estabeleceron en Tel Aviv. Radian-Gordon é doutora en bioquímica pola Universidade Hebrea de Xerusalén (1987), ten un mestrado en Estudos de Seguridade Nacional pola Universidade de Haifa (2001) e asistiu á Escola Harvard Kennedy como parte do Programa Wexner Leaders Senior.[3][5]

De 1991 a 1993 asistiu á Academia Diplomática do Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel en Xerusalén. Logo traballou como Segunda Secretaria na Embaixada de Israel en Varsovia de 1993 a 1996 e como Primeira Secretaria na Misión de Israel ante a Comunidade Europea en Bruxelas de 1996 a 1999. Despois de varios cargos no Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel, converteuse en embaixadora de Israel no seu país natal en 2003. Radian-Gordon permaneceu en Romanía até 2007. De agosto de 2010 a 2015 foi embaixadora de Israel en México e embaixadora non residente nas Bahamas.[6]

No verán de 2018 foi nomeada embaixadora en España, presentando as súas credenciais ante o rei Filipe VI o 27 de novembro de 2019.[7] En febreiro de 2023, mentres daba unha conferencia a estudantes da Universidade Complutense de Madrid, co gallo do 30º aniversario dos Acordos de Oslo, protagonizou un enfrontamento contra activistas propalestinos do "Boicot, Desinversiones y Sanciones" que obrigou a interromper a súa conferencia. Cando foi apartada polos membros de seguridade, un dos seus gardacostas chegou a apuntar cunha arma aos manifestantes.[8][9][10]

Radian-Gordon está casada e ten tres fillos.

Notas

  1. "Closing the Circle". The Diplomat. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  2. "The Bahamas". Ministerio de Asuntos Exteriores de Israel. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Rodica Radian-Gordon, Embajadora de Israel". Embaixada de Israel en España. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  4. "Israel appoints for the first time a woman as ambassador to Spain". The Diplomat. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2024. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  5. "The 4th Cohort of Wexner Senior Leaders Has Arrived at Harvard". The Wexner Foundation. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  6. "הזמנתם שגריר?". makorrishon.co.il. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  7. "Presentación de Cartas Credenciales". Casa Real de España. Consultado o 19 de outubre de 2023. 
  8. "השגרירה בספרד הותקפה על ידי פעילי BDS - מאבטחים חמושים תיעוד". Ynet. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  9. "Tensión en la Complutense al sacar un agente una pistola en una protesta contra la embajadora de Israel". El Confidencial. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
  10. "La Policía identifica como un agente israelí al hombre que sacó una pistola en la Complutense". eldiario.es. Consultado o 19 de outubro de 2023. 
Kembali kehalaman sebelumnya