Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Rugby Europe Super Cup

Modelo:Competición deportivaRugby Europe Super Cup
Tipocompetición de rugby a 15 Editar o valor en Wikidata
OrganizadorRugby Europe Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia2021 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialrugbyeurope.eu… Editar o valor en Wikidata
Facebook: RESuperCup Twitter: RESuperCup Instagram: resupercup Editar o valor en Wikidata

A Supercopa de Rugby Europe (en inglés e oficialmente Rugby Europe Super Cup ou RE Super Cup) é o torneo de rugby creado por Rugby Europe para clubs e franquías de países emerxentes. A primeira edición deste torneo comezará en setembro de 2021 e rematará en maio de 2022 e contará con oito equipos participantes.

Mentres que as dúas máximas competicións continentais a nivel de clubs (Champions Cup e Challenge Cup) están organizadas polas tres ligas profesionais europeas (Premiership, Top 14 e Pro14) e nelas participan os equipos das Seis Nacións (Inglaterra, Francia, Italia, Gales, Escocia e Irlanda), a Supercopa será organizada polo ente reitor do rugby europeo e está destinada a equipos de países que compiten no segundo nivel.

Formato

O 7 de xullo de 2021 o ente reitor do rugby continental anunciou a creación dunha nova competición para clubs ou franquías de países europeos alleos ó Torneo das Seis Nacións. No anuncio achegou información sobre as datas da primeira edición, o seu formato e os seus participantes.

Equipos

Os oito participantes quedarán divididos por criterios xeográficos en dous grupos de catro equipos:

Conferencia Oeste
  • España CyL Iberians [1]
  • Portugal Lusitanos XV
  • Bélxica Devils
  • Países Baixos Delta
Conferencia Leste
  • Blacks Lion
  • Tel-Aviv Heat
  • Enisey-STM / * Romanía Wolves
  • Lokomotiv Penza / * Batumi RC

Datas

A primeira fase da competición será unha liguiña de seis xornadas na que cada equipo xogará dúas veces fronte a cada rival do seu mesmo grupo.

  • Xornada 1: 18/19 de setembro de 2021
  • Xornada 2: 25/26 de setembro de 2021
  • Xornada 3: 23/24 de outubro de 2021
  • Xornada 4: 30/31 de outubro de 2021
  • Xornada 5: 4/5 de decembro de 2021
  • Xornada 6: 11/12 de decembro de 2021

Na segunda fase da competición os dous primeiros clasificados disputarán as semifinais, que se levarán a cabo en abril de 2022 e nas que os gañadores dos grupos xogarán como locais. Os gañadores das semifinais disputarán a final en maio de 2022.[2]

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya