Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Río Cunene

Modelo:Xeografía físicaRío Cunene
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativamar a fóra Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 17°14′58″S 11°45′12″L / -17.2494, 11.7533
17°14′58″S 11°45′12″L / -17.2494, 11.7533
Conca hidrográficaBacia do Cunene (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.207 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica109.832 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal174 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Cunene (en ortografía de Angola), ou río Kunene (en ortografía de Namibia), é un longo río do suroeste da África austral, que flúe desde as serras de Angola cara a Namibia, país co que forma fronteira no seu treito inferior, ata desembocar no océano Atlántico

Cataratas Epupa.

É un dos poucos ríos permanentes da rexión. Ten unha lonxitude de 1 050 km, unha conca de 106 560 km² e un caudal medio anual de 174 m³/s na súa desembocadura.[1]

No río encóntranse as cataratas Epupa (en inglés, Epupa Falls; en portugués, Quedas do Monte Negro), cataratas localizadas no treito fronteirizo do río.

Alí, o río ten 0,5 km de ancho e cae por unha serie de fervenzas nun treito de 1,5 km, sendo a caída maior de 20 m.

O encoro de Epupa

O goberno de Namibia pretende construír sobre o río o encoro de Epupa. Esta é unha controvertida presa hidroeléctrica, que pode danar o ecosistema local e a base socioeconómica dos himba.

Notas

  1. Nakayama, Mikiyasu (2003). International Waters in Southern Africa (PDF). United Nations University Press. pp. 9. ISBN 9-2808-1077-4. 
Kembali kehalaman sebelumnya