Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Río Kagera

Modelo:Xeografía físicaRío Kagera
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónLago Vitoria Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°23′24″S 30°46′50″L / -2.39, 30.7806
0°56′41″S 31°46′36″L / -0.9447, 31.7767
Afluentes
Conca hidrográficaConca fluvial do Nilo Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións400 (lonxitude) km
AtravesaBurundi, Ruanda, Tanzania e Uganda Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica60.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal349 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Kagera, na fronteira entre Ruanda e Tanzania
Localización do río Kagera (mapa de Ruanda)

O río Kagera é un río da África oriental, o maior tributario do lago Vitoria e un dos ríos da cabeceira do río Nilo. O río forma fronteira natural entre Tanzania e Ruanda e, tamén, entre Tanzania e Uganda. Ten unha lonxitude, sen incluír as súas fontes, de 400 km.[1]

Xeografía

O río nace no Monte Heha, en Burundi. Nos seus inicios é coñecido como río Rukarara, aparecendo en Ruanda, cerca do extremo norte do lago Tanganica, no corazón do bosque tropical de Nyungwe, na provincia Occidental. O río cambia varias veces de nome segundo descende e vai incorporando afluentes: primeiro leva o nome de Mwogo, logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, despois, ao recibir este pola dereita o río Ruvubu, dá lugar ao río Kagera.

O Kagera flúe cara ao norte, constituíndo durante a primeira metade do seu percorrido a fronteira natural entre Tanzania e Ruanda. Neste primeiro tramo, o río forma primeiro o límite occidental da reserva tanzana de Rusuma Falls-Burigi Game, e, máis adiante, durante un largo tramo, o límite oriental do ugandés Parque Nacional Akagera, que leva ese polo río.

Cerca de Kagitumba, o río cambia repentinamente de dirección cara ao leste, nun punto no que hai unha trifronteira entre Ruanda, Tanzania e Uganda. Segue cara ao leste, sendo a fronteira tanzano-ugandesa. Logo describe unha ampla curva cara ao sur adentrándose no territorio tanzano e de novo volve, xa no seu tramo final, a ser fronteira entre Tanzania e Uganda. Desemboca finalmente no lago Vitoria pola parte central da beira occidental, a uns 40 km ao norte da cidade de Bukoba.

A súa cabeceira é a fonte do río Nilo máis afastada do mar Mediterráneo.

Hidroloxía

O río Kagera e os seus afluentes drenan a maior parte do territorio de Ruanda. Os principais afluentes do río son:

  • pola marxe esquerda:
  • río Muvumba;
  • río Karangaza;
  • río Kamiramugezi;
  • pola marxe dereita:
  • río Ruvubu;

Notas

  1. [1], Britannica Online Encyclopedia (en inglés)

Véxase tamén

Kembali kehalaman sebelumnya