O río Lameira ou Lameiriña é un pequeno río de Marín, que desemboca directamente na ría de Pontevedra.
Curso
Nace ao pé do monte das Regueiras[Cómpre referencia], no norte da península do Morrazo, no lugar de Pardavila, en Marín, e realiza todo o seu curso no interior deste concello. Despois de cruzar o núcleo urbano de Marín, por onde vai parcialmente canalizado e soterrado, desemboca no porto da Escola Naval Militar.