Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Río Severn

Modelo:Xeografía físicaRío Severn
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaSomerset, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónCanle de Bristol Editar o valor en Wikidata
Mapa
 52°29′40″N 3°44′15″O / 52.4944, -3.7375
51°41′07″N 2°32′37″O / 51.6853, -2.5436
Afluentes
River Vyrnwy (en) Traducir, Rio Tern (pt) Traducir, River Stour (en) Traducir, Rio Avon (pt) Traducir, Rio Avon (pt) Traducir, River Teme (en) Traducir, River Leadon (en) Traducir, Rio Wye (pt) Traducir, Little Avon River (en) Traducir, Río Camlad, River Chelt (en) Traducir, River Frome (en) Traducir, River Lyd (en) Traducir, River Perry (en) Traducir, River Salwarpe (en) Traducir, River Worfe (en) Traducir, River Carno (en) Traducir, Afon Clywedog (en) Traducir, Taff Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións354 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica11.420 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal106,62 m³/s Editar o valor en Wikidata
O río Severn en Shrewsbury desde o castelo de Shrewsbury
Ríos británicos

O río Severn (do inglés: River Severn, en galés: Afon Hafren, en latín: Sabrina) é o río máis longo de Gran Bretaña con 354 quilómetros de lonxitude.

O río nace a 610 msnm no monte galesa de Plynlimon, no condado de Ceredigion. Corre por catro pobos do condado Powys: Llanidloes, Caersws, Newtown e Welshpool antes de entrar en Inglaterra. Brevemente, o Severn é a fronteira entre Gales e o condado inglés de Shropshire.

Atravesa a capital de Shropshire, Shrewsbury, e logo a vila de Telford, onde se atopa a primeira ponte de ferro fundido, o Ironbridge. Máis ao sur o Severn pasa por Bridgnorth antes de entrar no condado de Worcestershire. No norte de Worcestershire a vila de Stourport on Severn leva o seu nome. Tras Stourport o río pasa pola capital do condado, Worcester e dá o seu nome á pequena localidade de Upton on Severn. Cando entra no condado de Gloucestershire, pasa a carón de Tewkesbury, e despois pola capital condal Gloucester. O Severn desemboca na canle de Bristol a través do seu estuario no suroeste de Inglaterra. O quinto río máis longo do Reino Unido, o río Wye, desauga á dereita da boca d estuario do Severn, así como tamén o río Usk e, pola ribeira esquerda, faino o río Avon (Avon de Bristol).

O seu principal afluente é o río Avon, o décimo cuarto río máis longo do Reino Unido.

Tributarios

Os principais afluentes do río Severn son os seguintes (ordenados):

  • río Vyrnwy, pola esquerda, cunha lonxitude de 64 km que discorre por Gales e Inglaterra;
  • río Tern, pola esquerda, de 48 km e que discorre por Inglaterra;
  • río Teme, pola dereita, de 130 km e que discorre por Gales e Inglaterra;
  • río Avon, pola esquerda, de 136 km e que discorre por Inglaterra;

Véxase tamén

Kembali kehalaman sebelumnya