Søren Peter Lauritz Sørensen, nado en Havrebjerg o 9 de xaneiro de 1868 e finado o 12 de febreiro de 1939, foi un químico dinamarqués. A súa grande achega foi a de introducir o concepto de pH.
Desde 1901 até 1938, foi o xefe do prestixioso Laboratorio Carlsberg, de Copenhaguen. Traballando no Laboratorio Carlsberg estudou o efecto de concentración de ión sobre proteínas, e por que a concentración de ións de hidróxeno era en particular importante.
Véxase tamén
Ligazóns externas