Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Sabine Schultz

Modelo:BiografíaSabine Schultz
Biografía
Nacemento1 de maio de 1937
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte31 de decembro de 2021 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
País de nacionalidadeAlemaña Alemá.
Educación Universidade de Halle-Wittenberg.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHans Dietrich Schultz Editar o valor en Wikidata
Premios
(1999): Eligiuspreis (DNG).

Sabine Schultz, nada o 1 de maio de 1937 en Berlín, foi unha numismática alemá especializada na moeda da Antiga Grecia.[1]

Traxectoria

Schultz doutorouse en 1969 na Universidade de Halle-Wittenberg, cunha tese acerca das Cuñaxes de Magnesia do Meandro durante o Imperio Romano, publicada posteriormente en 1975.

Entre 1964 e 1992 traballou como axudante de investigación no Gabinete Numismático de Berlín (Münzkabinett Berlin) e nesta institución foi a responsable da colección de moeda grega.[1]

Sabine Schultz está casada co tamén numismático Hans Dietrich Schultz, tamén vinculado ao Münzkabinett, con quen organizou en 1983 a exposición permanente de moeda antiga do Museo de Pérgamo, en Berlín.[1]

Recoñecementos

Publicacións

Estes son algúns dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Sabine Schultz:[5][6]

  • (1972). Griechische Münzen der klassischen Zeit. 48 Bildtafeln (con P. S. Fox). Insel-Verlag Anton Kippenberg, Leipzig.
  • (1974). Die Münzprägung in Ägypten seit Alexander dem Großen. Ptolemäische Münzen in der Ausstellung des Ägyptischen Museums (Bode-Museum). Münzkabinett, Berlín.
  • (1975). Die Münzprägung von Magnesia am Mäander in der römischen Kaiserzeit. Olms Verlag. ISBN 9783487057507
  • (1977). Byzantinische Münzen in der Frühchristlich-Byzantinischen Sammlung im Bode-Museum. Münzkabinett, Berlín.
  • (1984). Antike Münzen. Griechische Prägung. Staatliche Museen zu Berlin, Berlín.
  • (1993). Sammlung der Universitätsbibliothek Leipzig. I: Autonome Griechische Münzen (Sylloge Nummorum Graecorum. Deutschland). Hirmer, Múnic. ISBN 9783777460000
  • (2002). The Royal Collection of Coins and Medals, Danish National Museum. Supplement. Acquisitions 1942-1996 (Sylloge nummorum Graecorum) (con J. Zahle, eds.). Munksgaard, Copenhague. ISBN 9788789384801

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Schultz, Sabine". En Kluge, B. (2004). Páxina 106.
  2. "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  3. "Eligiuspreisträger 1996-2005". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
  4. Overbeck, B. (1999).
  5. "Schultz, Sabine". WorldCat Identities.
  6. "Sabine Schultz". Deutschen Nationalbibliothek.

Véxase tamén

Bibliografía

Kembali kehalaman sebelumnya