Salmo trutta é unha especie de peixe osteíctio, a máis estendida das da familia dos salmónidos.
Taxonomía
A especie foi definida en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae. Ao longo do tempo foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
- Salar ausonii parcepunctata Heckel & Kner, 1858
- Salar ausonii semipunctata Heckel & Kner, 1858
- Salmo faris forestensis Bloch, 1801
- Salmo trutta ciscaucasicus Dorofeyeva, 1967
Subespecies
Aínda que suxeita nos últimos anos a continuas variacións e estudos de parentesco entre formas e subespecies, podemos considerar as seguintes subespecies da troita común:[Cómpre referencia]
Porén, no World Register of Marine Species admítense tres subespecies:[1]
- Salmo trutta fario Linnaeus, 1758
- Salmo trutta macrostigma (Duméril, 1858)
- Salmo trutta trutta Linnaeus, 1758
Anatomía
A súa cor nos ríos é marrón máis escura no lombo, cara aos flancos un marrón dourado e remata na súa rexión abdominal. cunha cor branca amarelada. Ten pintas repartidas no seu corpo, na parte superior son verdes ou marróns e nos costados mestúranse con pintas vermellas envoltas en círculos pálidos. É moi corpulenta e chegáronse a ver exemplares de até 14 kg.
Hábitat
Provén de Europa e é a máis salvaxe de todas e demóstrao defendendo o seu territorio con agresividade. Atópase en gran cantidade de ambientes. Aliméntase de insectos acuáticos e terrestres (estados larvais e adultos), crustáceos e os exemplares adultos son grandes consumidores de peixe.
É a especie de troita favorita dos pescadores deportivos, debido a que vive en ambientes pouco accesibles, onde ás veces é difícil chegar cun reclamo, sumándose a isto, as súas características de modalidade esquiva, impredicible, agresiva e enormemente astuta, que a fan difícil de enganar, configurando a súa captura como un feito realmente especial.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Salmo trutta Linnaeus, 1758 no WoRMS.
- ↑ troita Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta, F. e Vázquez. F. X. (2000), p. 60.
- ↑ reo,2 Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
- ↑ 5,0 5,1 Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 61.
Véxase tamén
Bibliografía
- Clover, Charles (2004): The End of the Line: How Overfishing Is Changing the World and What We Eat. Londres: Ebury Press. ISBN 0-09-189780-7
- Heacox, Cecil E. (1974): The Complete Brown Trout. ISBN 0-87691-129-7
- Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World. Cuarta edición. Nova York: John Wiley and Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
Outros artigos