O San Fernando Club Deportivo Isleño é un club de fútbol de España, da cidade de San Fernando, na provincia de Cádiz. Foi fundado o 30 de xuño de 2009 como sucesor do histórico desaparecido CD San Fernando. Actualmente xoga na Segunda División B Española por primeira vez na súa historia.
Historia
O San Fernando Club Deportivo foi fundado no ano 2009, tras a desaparición do Club Deportivo San Fernando pola súa mala situación económica. Ese mesmo ano comprou a praza do Sporting de San Fernando, de Primeira Andaluza.[1]
Na súa primeira tempada (2009/10), o San Fernando logrou subir a Terceira. Na tempada 2010/11 consegue a segunda posición no grupo X de Terceira División clasificándonse para os play-off de ascenso a Segunda B dos que caeu na última eliminatoria fronte ao La Roda.
Na tempada 2011/12 repite na segunda posición e volve xogar os play-offs. Logo de superar a Mutilvera, Levante B e Laudio, o San Fernando logra o ascenso a Segunda División B.[2]
- Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta a franxas vermellas e brancas, pantalón negro e medias negras.
Estadio
O San Fernando Club Deportivo xoga os seus partidos como local no Estadio Iberoamericano 2010, na Cidade Deportiva Bahía Sur, que ten capacidade para 12.000 espectadores. O ano pasado disputaba os seus partidos no Campo de Deportes Bazán, debido ás reformas no Estadio de Bahía Sur.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 1
- Tempadas en 3ª: 2
Historial na liga
Palmarés
Torneos oficiais
Torneos amigables
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas