Sandra González Álvarez, nada en Tomiño en 1973, é unha política galega do BNG.
Traxectoria
É licenciada en Ciencias Políticas e especialista en Administración Local. Presentouse como candidata á alcaldía de Tomiño nas eleccións municipais do 2007, sendo elixida alcaldesa grazas a un pacto de goberno co PSOE e Centristas de Tomiño.
Desde entón volveu encabezar a candidatura do BNG en catro ocasións, conseguindo senllas maiorías absolutas. Nas municipais do 2011 obtivo 9 concelleiros.[1] En 2015 a lista que lideraba acadou 1 concelleiro máis,[2] e en 2019 mellorou o resultado ao facerse con 11. Nos comicios de 2023 renovou a maioría por cuarta vez outra vez con nove concelleiros.[3]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas