Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Santa Isabel (barco)

Santa Isabel (barco)

O vapor Santa Isabel nas rías galegas.
Historial
Operador Compañía Transatlántica Española
Características xerais

O Santa Isabel era un barco de vapor de pasaxeiros de bandeira española de 1184 toneladas. Afundiu en 1921, preto da Illa de Sálvora.

Historia e características

O Santa Isabel era un vapor auxiliar construído en 1915 no estaleiro de Matagorda (Puerto Real, provincia de Cádiz)[1] para a Compañía Transatlántica Española, e era xemelgo do San Carlos. Medía 88,37 m de eslora, 12,19 m de manga e 8,03 de puntal. Facía a ruta Bilbao, Santander, A Coruña, Vilagarcía de Arousa, Cádiz, para levar pasaxeiros para transbordar con destino a Buenos Aires[2]. Estaba ao mando do capitán Esteban García Muñiz, e tiña unha tripulación de 80 mariñeiros.

Na madrugada do 2 de xaneiro de 1921 naufragou fronte á Punta Forneira, a 200 metros da illa de Sálvora na ría de Arousa.[3] Faleceron 213 dos 268 viaxeiros do barco. As denominadas heroínas de Sálvora, María Fernández Oujo, Josefa Parada e Cipriana Oujo Maneiro, de 14, 16 e 24 anos de idade, rescataron 58 persoas cunha dorna.[4]

Notas

  1. "El naufragio del "Santa Isabel"". La Integridad (en castelán). 4 de xaneiro de 1921. p. 2. 
  2. "Vida marítima". El Ideal Gallego (en castelán). 2 de xaneiro de 1921. p. 2. 
  3. "Naufragio del "Santa Isabel"". Acción Coruñesa. 3 de xaneiro de 1921. p. 8. 
  4. Sánchez, Paco (15/12/2008). "Las heroínas de Sálvora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24/09/2019. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya