Santos Oujo Bello, nado en Ribeira o 20 de xuño de 1943[1], é un enxeñeiro e político galego.
Traxectoria
Comeza os seus estudos no Colexio de "El Pilar", na súa vila natal. Realizou o bacharelato no Colexio Peleteiro de Santiago e estuda Enxeñería Superior de Telecomunicacións, facendo o posgraduado no ICADE.[2]
Foi director xeral do servizo de Autoestradas e Autovías. Foi deputado no Parlamento de Galicia por UCD (1981-1985), por Coalición Galega (1985-1993) e polo PSdeG-PSOE (1993-1999). Foi un dos fundadores de Coalición Galega e conselleiro de Industria, Comercio e Turismo entre 1987 e 1990. Foi membro do consello de administración da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.
Vida persoal
Casou con Esperanza Canal Yubero.
Notas
- ↑ Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes nº23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 258. ISBN 84-7507-044-2.
- ↑ Porteiro, María X.; Perozo, Xosé A. (1981). Quen é quen no primeiro parlamento galego. Col. Montes e fontes, nº 23. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 260. ISBN 84-7507-044-2.