As sapindales caracterízanse por posuíren dous verticilos de estames (ás veces un reducido a estaminodios), de maneira que son predominantemente pentacíclicas. O disco nectarífero é de posición variábel (e ás veces está reducido a glándulas internas).
Predominan as plantas con follas compostas (aínda que nas especies de Citrus son simples).
Máis da metade das especies desta orde pertencen a dúas das súas familias: a das sapindáceas (Sapiundaceae), cunhas 1.600 especies, onde se encontran recollidas tanto as antigas Hippocastanaceae como as Aceraceae, e a das rutáceas (Ruitaceae), cunhas 1.800 especies).[2]
Porén, as clasificacións clásicas, como a do sistema de Cronquist, de 1981, usaban unha circunscricións algo diferente, coas seguintes famílias:
Angiosperm Phylogeny Group (2003): "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II. Botanical Journal of the Linnean Society141: 399-436. (Texto completo (HTML) | Texto completo (PDF))
Gadek, P. A.; Fernando, E. S.; Quinn, C. J.; Hoot, S. B.; Terrazas, T.; Sheahan, M. C. & Chase, M. W. (1996): "Sapindales: Molecular delimitation and infraordinal groups", American Journal of Botany, 83: 802-811. Ver en liña.
Jussieu, A. L. de (1820): O Prirozenosti Rostlin224.