Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Sector primario

Mapa mundial coa contribución da agricultura ó PIB de cada país entre os anos 1970 e 2008. Os datos están en dólares por ano.

O sector primario é unha das clasificacións das actividades económicas. Considéranse actividades pertencentes ao sector primario as actividades económicas relacionadas coa obtención de recursos da natureza:

  1. agricultura
  2. extracción mineral
  3. gandería
  4. explotación forestal
  5. pesca
  6. caza.

Aproximadamente o 50% da poboación mundial traballa no sector primario. En África faino o 62%; en Asia, o 58%; o 6% en Europa, e o 3% en América do Norte.

Prioridades do sector primario

  • Unha das primeiras prioridades deste sector é aproveitar, coidar e preservar os acuíferos, regatos, ríos, lagoas e presas da rexión, de tal maneira que a auga que se teña se utilice primeiramente para garantir o consumo humano e en segundo lugar para abeberar os animais, así como para cultivar a terra, en especial o millo e hortalizas. Por isto, unha das funcións das administracións é procurar que se penalice o desperdicio da auga ou o seu mal uso.
  • Coa semente e cultivo, aproveitar a produción para a súa comercialización.
  • En canto á silvicultura, capacitar as comunidades coa finalidade de que se preserve a riqueza que exerza, impulsar programas de reforestación ata que a planta sementada creza ou se garanta a súa vida e denunciar os cortes incontrolados, así como a presenza de serradoiros clandestinos e a venda ilegal de madeira, en especial dos acaparadores ou comerciantes que realizan esta actividade sen autorización. Nesta vertente, a Cámara de lexisladores, así como o Executivo estatal, debería considerar, cando menos, unha modesta partida de recursos ou, no seu defecto, xestionar unha maior actividade e responsabilidade por parte do goberno federal a través das súas dependencias afíns a este labor.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Kembali kehalaman sebelumnya