Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Sidro Labrego

Modelo:BiografíaSidro Labrego

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ruq-latn) Isidro Labrador Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1079 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 1130 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlabrego Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa15 de maio Editar o valor en Wikidata
Patrón deMadrid Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Torribia Editar o valor en Wikidata
FillosIllán Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de marzo de 1622Canonización de Sidro Labrego, Ignacio de Loiola, Francisco Xavier, Tareixa de Xesús e Filipe Neri Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 11141837 Editar o valor en Wikidata

San Sidro Labrego,[1] (en latín: Ysidorus Agricola; en castelán: Isidro Labrador), nado en Madrid, c. 1082[2] e finado ibídem o 15 de maio de 1130, foi un labrego mozárabe coñecido pola súa piedade cara aos animais e os pobres. É o patrón católico dos labregos, e de Madrid; El Gobernador, Xalisco; La Ceiba, Honduras; e de Tocoa, Honduras. A súa festa celébrase o 15 de maio.

Traxectoria

Estivo posiblemente ao servizo da familia Vargas e doutros tantos señores terratenentes como Francisco Vera. O seu traballo como xornaleiro máis mencionado polos biógrafos é a cargo de Juan de Vargas,[3] e realizouse principalmente na área de Madrid e arredores. Coñécense algúns detalles da súa vida polos encomios que indica un códice atopado na Igrexa de Santo André en 1504 (denominado como Códice de San Sidro e escrito a finais do século XII). Neste documento menciónase que estaba casado, que tiña un fillo e proporciona referencia de só cinco milagres, sendo os demais engadidos posteriormente procedentes da tradición oral durante o seu proceso de beatificación por varios hagiógrafos. A pesar de que aínda non estivese canonizado, os madrileños rendíanlle culto dende o século XII que foi medrando axiña en séculos posteriores. Por iso, as autoridades eclesiásticas, municipais, a aristocracia madrileña e a coroa real española encabezaron o seu proceso de canonización no século XVI.

Notas

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 6 de maio de 2024. 
  2. Moya Rueda, Patricia; de Benito Sánchez, María; Rascón Risco, Mónica; Angulo Bujanda, Isabel (2022-11-28). "Informe de reconocimiento forense del cuerpo de san Isidro Labrador. Avance" (PDF). Archidiócesis de Madrid (en castelán). Escuela de Medicina Legal y Forense. Universidade Complutense de Madrid. Consultado o 29 de novembro de 2022. 
  3. Butler, Alban. The Lives or the Fathers, Martyrs and Other Principal Saints, Vol. V, D. & J. Sadlier, & Company, 1864
Kembali kehalaman sebelumnya