Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Singapore Airlines

Singapore Airlines
IATA
SQ
OACI
SIA
Indicativo
SINGAPORE
Fundación1 de maio de 1947 (como Malayan Airways)
Inicio das operacións1 de outubro de 1972
Aeroporto principalaeroporto de Singapur
Plan de voo frecuenteKrisFlyer
AlianzaStar Alliance
Frota142
Destinos137
HoldingTemasek Holdings (56%)
Páxina web: singaporeair.com

Singapore Airlines (SIA) é a aeroliña nacional de Singapur co seu centro de conexións no aeroporto de Singapur Changi. A compañía destaca polo uso da Singapore Girl como a figura central do branding corporativo.[1] Foi elixida mellor aeroliña do mundo por Skytrax catro veces e foi número 1 nas clasificacións de mellores aeroliñas de Travel & Leisure durante máis de 20 anos.[2]

Singapore Airlines ten varias empresas filiais relacionadas coas aeroliñas. SIA Engineering Company encárgase do mantemento, reparación e revisión e traballa en nove países, cun portfolio de 27 proxectos conxuntos, incluídos traballos con Boeing e Rolls-Royce. Singapore Airlines Cargo opera a frota de carga de SIA e encárgase da xestión das bodegas de carga nos avións de pasaxeiros.[3] A compañía ten tamén dúas subsidiarias: SilkAir opera voos rexionais a cidades secundarias, mentres que Scoot opera como unha aeroliña de baixo custo.

Singapore Airlines foi o cliente de lanzamento do Airbus A380, o avión de pasaxeiros mía grande do mundo, ademais do Boeing 787-10 e da versión de ultra-longo alcance do Airbus A350-900. Atópase entre as 15 primeiras aeroliñas do mundo en termos de ingresos por pasaxeiro e quilómetro,[4] e é a décima en pasaxeiros internacionais transportados.[5] Singapore Airlines foi votada como a aeroliña coas mellores tripulacións de cabina por Skytrax en 2021.[6] A aeroliña tamén gañou os postos segundo e cuarto entre as mellores aeroliñas do mundo[7] e as máis limpas respectivamente.[8]

Notas

  1. "The Singapore Girl". Singapore Airlines. Consultado o 22 de maio de 2022. 
  2. Hermes (2018-07-18). "SIA bags world's best airline title". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2022-05-20. 
  3. Auto, Hermes (2015-10-07). "SIA Engineering Company incorporates joint venture with Boeing". The Straits Times (en inglés). Consultado o 2022-05-20. 
  4. "Data/Airline Economics". web.archive.org. 2010-04-04. Archived from the original on 04 de abril de 2010. Consultado o 2022-05-20. 
  5. "Airline Spotlight: Singapore Airlines - Let's Roll, a travel blog by FlightNetwork.com". web.archive.org. 2015-02-10. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 2022-05-20. 
  6. "World's Best Airline Cabin Crew in 2021". SKYTRAX (en inglés). Consultado o 2022-05-20. 
  7. "World Airline Awards". SKYTRAX (en inglés). Consultado o 2022-05-20. 
  8. Street, Francesca. "World's best airlines for 2019 revealed by Skytrax". CNN (en inglés). Consultado o 2022-05-20. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya