Sligo (irlandés: Sligeach) é unha cidade situada no Condado de Sligo (do que é a súa capital) na República de Irlanda. É a segunda área urbana da provincia de Connacht logo de Galway.
O poeta W.B. Yeats estivo moi vencellado a Sligo. Boa parte dos seus escritos describen os arredores de Sligo. Yeats pasou parte da súa xuventude en Sligo e trala súa morte en 1939 foi soterrado no camposanto de Drumcliffe, Condado de Sligo.