Sons of Anarchy é unha serie de televisión de xénero drama policial creada e producida por Kurt Sutter. Narra a vida dun club de moteiros en Charming, California, unha cidade ficticia situada en Central Valley. O protagonista da historia é Jackson "Jax" Teller (Charlie Hunnam), quen comeza coma vicepresidente do club, e comeza a cuestionar ó club e a el mesmo.
Sons of Anarchy estreouse o 8 de setembro de 2008 na canle de pago estadounidense FX. A terceira tempada acadou unha media de 4.9 millóns de espectadores por capítulo, converténdose na serie con maior audiencia da historia de FX. O 3 de febreiro de 2012, Sons of Anarchy renovou por dúas tempadas máis, a quinta e a sexta, e a intención de Kurt Sutter é chegar a unha derradeira sétima tempada.[1]
Sinopse
Sons of Anarchy segue a historia da familia Teller-Morrow en Charming, California, así como a dos outros membros do Sons of Anarchy Motorcycle Club, Redwood Original (SAMCRO), as súas familias, cidadáns de Charming, bandas aliadas e inimigas, e corpos da lei que apoian ou atacan ó club.
Elenco
Principal
Recorrente
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas