Star Trek Into Darkness é un filme estadounidense de 2013 dirixido por J. J. Abrams. O guión foi escrito por Roberto Orci, Alex Kurtzman e Damon Lindelof.[4] É o décimo segundo título da saga Star Trek e a secuela do filme de 2009 Star Trek, sendo o segundo filme da nova serie cinematográfica. Está protagonizado por Chris Pine, que volve interpretar o Capitán James T. Kirk, xunto con Zachary Quinto, Simon Pegg, Karl Urban, Zoe Saldana, John Cho, Anton Yelchin, Bruce Greenwood e Leonard Nimoy, que tamén volven interpretar os seus papeis do filme anterior. Benedict Cumberbatch, Alice Eve e Peter Weller tamén aparecen acreditados como actores principais do filme. Foi a derradeira vez que Nimoy interpretaría a personaxe de Spock antes da súa morte no ano 2015. O argumento está ambientado no século XXIII, e Kirk e a tripulación da USS Enterprise son enviados ó planeta dos klingon para buscar un terrorista e exmembro da frota estelar, John Harrison.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas