Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Starbucks

Starbucks

Sede da compañía en Seattle, Estados Unidos.
TipoCompañía pública
Fundación1971
LocalizaciónSeattle, Estados Unidos
Persoas claveZev Siegel
Jerry Baldwin
Gordon Bowker
IndustriaAlimentaria
Na rede
https://www.starbucks.com/, https://www.starbucks.ca/, https://www.starbucks.co.uk/, http://starbucks.ph/, https://www.starbucks.fr/, https://www.starbucks.de/, http://starbucks.co.id/, https://www.starbucks.co.jp/, https://www.starbucks.co.kr/index.do, https://www.starbucks.co.kr/, https://www.starbucks.es/, https://www.starbucks.com.tr/, https://www.starbucks.com.mx/, https://starbucks.co.th, https://www.starbucks.com.cn/, https://starbucks.com.my/, https://www.starbucks.com.br, https://fr.starbucks.ca/, https://www.starbucks.com.hk/, http://starbucks.com.ar/, https://starbucks.in/, https://th.starbucks.co.th/, https://www.starbucks.co.za/ e https://www.starbucks.hu/
Facebook: Starbucks Twitter: Starbucks Instagram: starbucks LinkedIn: starbucks Snapchat: starbucks Youtube: UCj4nCgtjKJppK_IZeY8TUJg Pinterest: starbucks Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Starbucks Corporation é unha empresa multinacional de alimentación, especializada no café, fundada en Seattle, Estados Unidos en 1971. É a compañía de café máis grande do mundo, con máis de 24 000 locais en 70 países. Starbucks vende café elaborado, bebidas quentes e outras bebidas, ademais de bocadillos e algúns produtos como cuncas e grans de café. Tamén ofrece libros, CD de música e películas.

Conta con tres establecementos en Galiza, dous na Coruña,[1] e un na Gran Vía de Vigo.[2]

Historia

O primeiro local co nome Starbucks foi aberto en Seattle, Washington en 1971 por Zev Siegel, Jerry Baldwin e Gordon Bowker.

No 1987 Starbucks abriu os seus primeiros locais nas aforas de Seattle e en Chicago. A empresa incorporouse á bolsa de valores o 26 de xuño de 1992, dende entón as accións tiveron un crecemento sostido alcanzando os 39 dólares en 2006.

En 1999 varios locais da cadea foron vandalizados durante as manifestacións contra o cumio da OMC en Seattle.

Impacto no medio ambiente

A empresa foi duramente xulgada e criticada por diversas prácticas consideradas antiecolóxicas, os seus insumos principalmente son sementes manipuladas xeneticamente, que contaminan a terra en varias partes do mundo, non permitindo a supervivencia de sementes endémicas, e prexudicando ao campesiñado, aos cales por este custo menor de sementes manipuladas xeneticamente lles proporciona ingresos menores, aínda que a empresa, co valor engadido, aumenteo moitas mais veces na venda dos seus produtos no libre mercado. Malia isto, cabe mencionar que non en tódalas partes do mundo é así.[3]

En 2015 o músico Neil Young escribiu a canción A Rock Star Bucks a Coffee Shop, criticando á multinacional,​ polas súas prácticas contra os agricultores e por usar organismos xeneticamente modificados na agricultura.[4]

Notas

  1. "Starbucks abre en El Corte Inglés de Marineda su primera tienda en Galicia". La Opinión A Coruña (en castelán). 
  2. "Starbucks inaugura su primera tienda en Vigo". Atlántico (en castelán). 
  3. "Protestas en EEUU contra transgénicos y por comercio justo" (en castelán). Archived from the original on 30 de setembro de 2008. 
  4. "Behind the Scenes of Neil Young's New Protest Album 'The Monsanto Years'". Rolling Stone (en inglés). 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya