Sulaiman al-Yasin (en árabe: سليمان ياسين أحمد حسين بوكنان, "Sulaiman Yasin Ahmad Husain Buknan"), nado en Kuwait en 1949[1] e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 2020[2], foi un actor kuwaití.
Traxectoria
Comezou a actuar no teatro en 1969 ao ingresar na compañía teatral Golfo Árabe. En 1974 gradouse no Instituto de Artes Escénicas e logo foi a Francia para estudar literatura francesa[1] e licenciouse en artes cinematográficas na Universidade de París[1]. Ao longo da súa carreira traballou tamén en radio, televisión e cinema. A súa primeira experiencia na televisión foi co director Kazem Al-Qallaf e logo traballou con Salah Al-Awry. Nawaya (2016) foi unha das últimas series nas que participou.
Notas