Time History of Events and Macroscale Interactions during Substorms ou THEMIS é unha serie de satélites artificiais lanzados para estudar fenómenos xeomagnéticos.[1][2]
Características
THEMIS consta de cinco satélites idénticos coa misión de estudar a inestabilidade das subtormentas magnetosféricas en órbitas con alturas de varios radios terrestres. O uso de varios satélites permite obter datos simultáneos desde diferentes puntos da magnetosfera terrestre, o que permite comprobar a orixe das subtormentas e outros fenómenos en combinación con observacións feitas desde observatorios terrestres.[1][2]
Cada un dos satélites estabilízase mediante xiro e foron lanzados no mesmo foguete, un Delta 7925, o 17 de febreiro de 2007. Cada satélite leva os seguintes instrumentos:[1][2]
Magnetómetros tridimensionais de porta de fluxo e bobina.
Un telescopio de estado sólido para medir ións e electróns de enerxías entre 20 keV e 1 MeV.
Despois da primeira fase da misión os satélites comezaron a fase denominada Artemis na que se adican a estudar subtormentas solares e os cintos de radiación terrestres. Os dous satélites denominados P1 e P2 foron enviados a unha órbita de Lissajous arredor dos puntos de Lagrange L1 e L2 da Lúa para estudar o vento solar, as ondas de choque e a contorna magnética lunar, para posteriormente ser enviados a órbitas elípticas arredor do noso satélite para continuar seus estudos.[1][2]
Notas
↑ 1,01,11,21,3Mark Wade (2022). "Themis"(en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2022.