Terminator: Dark Fate é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Tim Miller e escrito por David Goyer, Justin Rhodes e Billy Ray a partir dunha historia de James Cameron, Charles Eglee, Josh Friedman, Goyer, e Rhodes. Cameron tamén produciu o filme xunto con David Ellison. É o sexto título da franquía Terminator, sendo a secuela de Terminator 2: O xuízo final (1991), sen ter en conta os eventos de Terminator 3: A rebelión das máquinas (2003), Terminator Salvation (2009) e Terminator Genisys (2015), coa volta de Cameron ao control creativo.[3]
O filme está protagonizado por Linda Hamilton e Arnold Schwarzenegger nos papeis de Sarah Connor e o Terminator T-800 respectivamente, reunindo os actores logo de 23 anos. O filme conta tamén con Mackenzie Davis, Natalia Reyes, Gabriel Luna e Diego Boneta como os novos personaxes. Ambientado 25 anos despois dos eventos de Terminator 2, o filme conta como as máquinas envían un avanzado Terminator (Luna), chamado Rev-9, atrás no tempo ata 2020 para matar a Dani Ramos (Reyes), cuxo destino está conectado ao futuro.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Filmografía |
Filmes dirixidos | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Documentais | |
---|
| |
---|
Guionista | |
---|
Produtor | |
---|
Series de televisión | |
---|
Artigo relacionados | |
---|