Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

The Tribe (serie de televisión)

The Tribe
FormatoDrama, ficción científica, postapocalíptica
Creado porRaymond Thompson
Harry Duffin
Desenvolvido porDeclan Eames
(Tempada 1)
Debra Kelleher-Smith (Tempadas 2–5)
IntérpretesCaleb Ross
Beth Allen
Meryl Cassie
Antonia Prebble
Victoria Spence
Michael Wesley-Smith
Dwayne Cameron
Jaimee Kaire-Gataulu
Tema de apertura"The Dream Must Stay Alive"
Rosalind J (Tempada 1)
Meryl Cassie (Tempadas 2–5)
Tema de peche"The Dream Must Stay Alive"
Rosalind J (Tempada 1)
"Abe Messiah"
Actores (Tempadas 2–3)
"Tribe Spirit"
Tribe Sister (Temapadas 4–5)
País de orixeNova Zelandia Nova Zelandia (Produción)
Reino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas5
Episodios260 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Raymond Thompson
Geoff Husson
CámaraMulti-cámara
Duración25 minutos
DistribuidorCloud 9 Screen Entertainment Group
Channel 5
Emisión orixinal
Canle de orixeChannel 5
Primeiro episodio24 de abril de 1999
Derradeiro episodio6 de setembro de 2003
Na rede
https://www.tribeworld.com
IMDB: tt0274988 Filmaffinity: 212861 Rottentomatoes: tv/the_tribe TV.com: shows/the-tribe
Facebook: thetribeofficial Twitter: thetribeseries Youtube: UCJAlKeRhLU4WisOgSfDTBeA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Tribe é unha serie de televisión británico-neozelandesa. Está ambientada nun futuro onde os adultos morreron por mor dun virus mortal, deixando sós ós nenos do mundo que deben valerse por si mesmos. A serie céntrase nunha cidade sen nome que está habitada por tribos de nenos e adolescentes. Foi rodada principalmente na cidade de Wellington e nos seus arredores.

A serie foi creada por Raymond Thompson e Harry Duffin (a partir dunha idea orixinal de Raymond Thompson) e foi desenvolvida e producida por Cloud 9 Screen Entertainment Group en colaboración coa canle británica Channel 5. Foi emitida en máis de 40 canles de televisión de todo o mundo.[1]

Estreouse no Channel 5 o 24 de abril de 1999 e axiña conseguiu gran cantidade de seguidores entre os adolescentes.[2] Producíronse cinco tempadas e 260 episodios dende 1999 a 2003. A sexta tempada estaba prevista para ser estreada no 2003, pero Nick Wilson, de Channel 5, e Raymond Thompson argüíron que "malia que a serie aínda segue a ir ben, o elenco está a facerse demasiado maior e a serie estaba a alongar demais a proposta central."[3] Como resultado, a serie foi cancelada. Channel 5 emitiu os dous derradeiros episodios o 6 de setembro de 2003.

Unha secuela de The Tribe, The New Tomorrow, foi producida por Cloud 9 e Channel 5 e foi estreada no 2005. Está dirixida a unha audiencia máis nova, de 8 a 12 anos, e conta a historia dos descendentes da serie orixinal[3] cun novo elenco.[4]

Notas

  1. Carter, Meg (18 de agosto de 2003). "The future of learning?". The Guardian (Londres). Consultado o 18 de setembro de 2013. 
  2. "WAM! Premieres 'The Tribe' Season Five in Labor Day Marathon". PRNewswire (Englewood, Colorado). 2 de agosto de 2004. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 13 de decembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "New Day Dawns On Cloud 9's Tribe Franchise". TBI Kids' Briefing. 20 de maio de 2005. 
  4. "Cloud 9 to Produce Sequel Series to The Tribe". World Screen Newsflash (Nova York). 22 de marzo de 2005. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Kembali kehalaman sebelumnya