The White Tiger é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Ramin Bahrani. Está protagonizado por Adarsh Gourav xunto con Rajkummar Rao e Priyanka Chopra, quen tamén é un dos produtores executivos, xunto con Prem Akkaraju, Ava DuVernay e Ken Kamins.[2][3][4] O filme conta coa banda sonora de Danny Bensi e Saunder Jurrians, e a fotografía e a edición son obra de Paolo Carnera e Tim Streeto. É unha adaptación da novela homónima de 2008 escrita por Aravind Adiga. Conta a historia de Balram, quen se viu obrigado a deixar a escola mesmo antes de comezar a aprender. Porén, tivo un soño, liberarse da pobreza, desfacerse da servidume e non deixarse atrapar polo feudalismo. Emprega o seu enxeño e astucia para escapar da pobreza e chegar ó máis alto.[5]
Adiga publicou o seu libro e decidiu facer unha adaptación cinematográfica a finais de 2010, vendendo os dereitos ó produtor Mukul Deora, mais o filme nunca se levou a cabo. Bahrani foi contratado para realizar a adaptación, aínda que escribiu o primeiro borrador mesmo antes de que fose publicado.[6] O filme rodouse en diferentes localizacións en Delhi dende outubro até decembro de 2019, e estreouse nas Vegas o 6 de xaneiro de 2021,[7] e estreouse en cinemas limitados nos Estados Unidos o 13 de xaneiro.[7] Estreouse en todo o mundo a través da plataforma en liña Netflix o 22 de xaneiro de 2021.[8] The White Tiger recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou a súa dirección, guión e interpretacións.
Personaxes
Notas
- ↑ "The White Tiger (2021)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2021. Consultado o 5 de xaneiro de 2021.
- ↑ Fleming Jr., Mike (5 de abril de 2018). "‘Fahrenheit 451’s Ramin Bahrani Sets Celebrated India-Set Novel ‘The White Tiger’ At Netflix As His Next Film". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2018. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ Vijayakar, R.M. (29 de outubro de 2020). "Netflix Drops Teaser Trailer of Much-Awaited Film ‘The White Tiger’". IndiaWest. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 28 de xaneiro de 2021.
- ↑ Gleiberman, Owen (5 de xaneiro de 2021). "‘The White Tiger’ Review: Ramin Bahrani’s Absorbing Tale of an Indian Servant on the Rise Is Like ‘Slumdog Millionaire’ With More Reality". Variety. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ Kalyanpur, Sanjana (25 de xaneiro de 2021). Republic TV, ed. "Is 'The White Tiger' a true story? Know Details about the mega hit movie". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "How Netflix helped The White Tiger movie become a reality". The Indian Express. 21 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ 7,0 7,1 "The White Tiger movie review round-up: Critics call it the ‘anti-Slumdog Millionaire’". The Indian Express. 6 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
- ↑ "The White Tiger: All you need to know about Priyanka Chopra Jonas, Rajkummar Rao, Adarsh Gaurav's Netflix film - Entertainment News , Firstpost". Firstpost. 21 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
Ligazóns externas