Thelma e Louise (en inglés: Thelma & Louise) é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou en 1991.
Foi emitido na TVG o 30 de novembro de 1994.[3]
Sinopse
Thelma Dickinson, unha ama de casa de vida baleira e anódina, está casada cun cretino detestable que a trata como a unha criada. Pola súa parte, Louise Sawyer traballa como camareira nunha cafetería e soña con que o seu mozo Jimmy, que é músico, case con ela. Unha fin de semana deciden facer unha viaxe xuntas no coche de Louise para afastarse da mortal rutina das súas vidas e de todas as súas frustracións. Porén, a súa escapada, que prometía ser divertida e, sobre todo, liberadora, acaba sendo unha experiencia chea de episodios dramáticos.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1991: Oscar: Mellor guión orixinal. 6 nomeamentos.
- 1991: Globo de Ouro: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos.
- 1991: BAFTA: 8 nomeamentos, incluíndo filme, director, fotografía e bso.
- 1991: Seminci: Espiga de Ouro: Mellor filme.
- 1991: Nomeada ó Cesar: Mellor filme estranxeiro
- 1991: David de Donatello: Mellor filme estranxeiro
- 1991: 2 premios National Board of Review: Mellores actrices (Susan Sarandon e Geena Davis)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas