Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Thomas William Henric Clarke

Modelo:BiografíaThomas William Henric Clarke
Biografía
Nacemento1860 Editar o valor en Wikidata
Tasmania, Australia Editar o valor en Wikidata
Morte1945 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)

Thomas William Henric Clarke, nado en Campbell Town (Tasmania) en 1860 e finado en Hobart en 1945, foi un filántropo, criador de ovellas meiriñas e cazador de caza maior australiano.

Traxectoria

Aos 22 anos comezou a cazar. Segundo as súas palabras, chegou a reunir a segunda colección privada de trofeos de caza maior máis grande do mundo. A súa colección incluía espécimes da maioría das especies africanas e das Montañas Rochosas dos Estados Unidos, excepto elefantes e xirafas.

Afirmou ser o primeiro home branco que entrou en Somalilandia. Pasou á historia da zooloxía porque, na súa colección, inclúese unha especie de gacela cazada no norte de Somalia, que capturou en 1890 e á que describiu por primeira vez. Este animal é a especie-tipo, e única, do xénero Ammodorcas, descrito polo zoólogo británico Oldfield Thomas en 1891, en Ann. Mag. Nat. Hist., ser. 6, 7: 304.[1] [2] quen bautizou a especie, na súa honra, como Ammodorcas clarkei.

Notas

  1. Thomas, O. (1 de xuño de 1891). "On some antelopes collected in Somali-land by Mr. T. W. H. Clarke". Proceedings of the Zoological Society of London: 206–212. 
  2. Ammodorcas clarkei. In: Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Kembali kehalaman sebelumnya