O tiocianato é análogo ao ión cianato, [OCN]−, no cal o oxíxeno se substituíu por xofre. O [SCN]− é un dos pseudohaluros, debido á similitude das súas reaccións coas dos iónshaluro. O tiocianato coñecíase tamén como rodanuro (da palabra grega que significa rosa) debido á cor vermella dos complexos que forma co ferro. O tiocianato prodúcese por reacción de xofre elemental ou tiosulfato co cianuro:
8 CN− + S8 → 8 SCN−
CN− + S2O32− → SCN− + SO32−
A segunda reacción é catalizada polo encimasulfotransferase coñecido como rodanese (sic)[4] e pode ser importante para a detoxificación do cianuro no corpo.
Estrutura, enlaces e coordinación
O tiocianato comparte a súa carga negativa aproximadamente por igual entre o xofre e o o nitróxeno. Como consecuencia, o tiocianato pode actuar como nucleófilo tanto no xofre coma no nitróxeno, polo que é un ligando ambidentado. O [SCN]− pode tamén funcionar como ponte entre dous metais (M−SCN−M) ou entre tres (>SCN− ou −SCN<). As evidencias experimentais levan á conclusión xeral de que os metais de clase A (ácidos duros) tenden a formar complexos de tiocinato unidos polo nitróxeno, mentres que os metais de clase B (ácidos brandos) tenden a formar complexos de tiocianato unidos polo xofre. Ás veces están implicados outros factores, por exemplo, cinética e solubilidade, e pode darse isomería de enlace, por exemplo [Co(NH3)5(NCS)]Cl2 e [Co(NH3)5(SCN)]Cl2.[5]
Tiocianatos orgánicos
Os derivados orgánicos e con metais de transición do ión tiocianato poden existir como "isómeros de enlace." Nos tiocianatos, o grupo orgánico (ou ión metálico) está unido ao xofre: o R−S−C≡N ten un enlace simple S-C e un triplo enlace C-N.[6] Nos isotiocianatos, o substituínte está unido ao nitróxeno: o R−N=C=S ten un dobre enlace S-C e un dobre enlace C-N:
Se engadimos [SCN]− a unha solución que contén ións de ferro (III) (Fe3+), foórmase unha solución da cor do sangue debido á formación do [Fe(NCS)(H2O)5]2+.
O complexo de cor vermello sangue pentaaqua(tiocianato-N)ferro(III), [Fe(NCS)(H2O)5]2+, indica a presenza de Fe3+ na solución
↑Cipollone R, Ascenzi P, Tomao P, Imperi F, Visca P (2008). "Enzymatic detoxification of cyanide: clues from Pseudomonas aeruginosa Rhodanese". J. Mol. Microbiol. Biotechnol.15 (2-3): 199–211. PMID18685272. doi:10.1159/000121331.
↑Greenwood, Norman N.; Earnshaw, Alan (1997). Chemistry of the Elements (2nd ed.). Butterworth–Heinemann. p. 326. ISBN 0-08-037941-9.
↑Guy, R. G. (1977). "Syntheses and Preparative Applications of Thiocyanates". En Patai, S. Chemistry of Cyanates and Their Derivatives2. New York: John Wiley.
↑Childers, M.; Eckel, G.; Himmel, A.; Caldwell, J. (2007). "A new Model of Cystic Fibrosis Pathology: Lack of Transport of Glutathione and its Thiocyanate Conjugates". Medical Hypotheses68 (1): 101–112. PMID16934416. doi:10.1016/j.mehy.2006.06.020.