O tiro deportivo é un deporte que implica poñer a proba a precisión e concentración no manexo dunha arma de fogo ou de aire comprimido.
Todas as súas normas réxense de acordo coa Federación Internacional de Tiro Deportivo, (en inglés, International Shooting Sport Federation, ISSF), organismo internacional con sede en Alemaña, que é a organización que dirixe o tiro deportivo a nivel internacional, e é a encargada de celebrar periodicamente competicións e eventos en cada unha das súas disciplinas.
A práctica deste deporte require formación e disciplina, sendo esencial o uso dun equipo de protección persoal (PPE) (lentes protectoras e protector auditivo).
O programa olímpico de tiro deportivo consta de 15 competicións diferentes: 9 para homes (M = masculino) e 6 para mulleres (F = feminino), en tres disciplinas diferentes, son cinco eventos de tiro con carabinas, cinco con pistolas e cinco para tiro ao prato con escopeta.
O programa olímpico cambiou para os Xogos Olímpicos de Pekín 2008, e o número de eventos de tiro pasou de 17 a 15. A pesar da redución, houbo maior participación, 390 tiradores procedentes de máis de 100 países participaron nesa edición dos XX.OO.[1]
Pierre Lagrue (2013): Le Siècle olympique. Les Jeux et l'Histoire (Athènes, 1896-Londres, 2012). París: Encyclopaedia Universalis. ISBN 978-2-8522-9117-1. (Ler en liña).