Tolima é un dos 32 departamentos de Colombia. O seu territorio inscríbese na rexión andina colombiana e a conca do río Magdalena, que o atravesa de sur a norte. Limita polo norte e polo oeste co departamento de Caldas, polo leste co departamento de Cundinamarca, polo sur cos departamentos de Huila e Cauca, e polo oeste cos departamentos de Valle del Cauca, Quindío e Risaralda.[1] Ten unha superficie de 23 562 km² e a súa capital é Ibagué.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas