A comuna de Toulon ten unha poboación de 165.514 de persoas (2009), o que a converte na décimo quinta meirande cidade de Francia. É o centro dunha área urbana de 559.421 habitantes (2008), a novena maior do país.[1] Toulon é a cuarta maior cidade francesa da costa mediterránea, despois de Marsella, Niza e Montpellier.